Saltar ao contido

Celebrado o IV Torneo de Balonmán Femenino-Letras Galegas Culleredo 2019

O pasado 17 de Maio disputouse en Culleredo o IV Torneo de Balonmán Femenino-Letras Galegas 2019, no que máis de 150 nenas e rapazas competirón xogando ao deporte que máis lles gusta. Rapazas dos clubes Balonman Xallas, de Sta Comba, Arteixo BM, BM Ribadosar (Santiago), BM Brigantium (A Coruña) e do propio organizador, Balonmán Culleredo demostraron unha vez máis que o Balonmán tamén é femenino, reivindicando o seu lugar no deporte dende os 4 anos ate categoría sénior. Foi unha gran festa a vivida no pavillón municipal de O Burgo unha edición máis, amosando que Culleredo é balonmán, e tamén é femenino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *