Saltar ao contido

O Balonmán Culleredo, Campion Provincial Alevin

Onte, domingo 12 de Maio celebrouse no pavillon municipal de Almeiras, en Culleredo, a final a catro da competición a balonmán 7 de categoría alevín mixta. Participaron os catro primeiros clasificados na liga regular, o BM Culleredo TARRÍO, o BM Culleredo Canosa Abogacía, o BM Atlántico e o EM Abegondo. Na primeira semifinal o BM Culleredo TARRÍO enfrentouse ao EM Abegondo, ao que logo dun intensísimo partido derrotou por 3 tempos a 1 (6-2 en puntos), co que rápidamente acadou o pase a final.
Na segunda semifinal o BM Culleredo Canosa Abogacia, segundo clasificado na liga regular, medíase fronte ao terceiro clasificado, o BM Atlántico. Comezou o Culle con moita Forza e despregando un gran xogo que lle facía gañar o primeiro período, pero o BM Atlántico reaccionou gañando os restantes tres períodos, impedindo o pase a final do Canosa Abogacía, penalizado polos nervos inherentes a competición.
Disputaron a final o BM Culleredo TARRÍO e o BM Atlántico. O primeiro dos periodos amosou igualdade, chegando empatados no electrónico ao remate do tempo regulamentado, máis o Culle fixo valer o seu bo xogo e regularidade que o converteran no campion da liga regular e gañou os dous seguintes cuartos, logrando así a victoria final. O derradeiro cuarto, xa con todo decidido, amosou de novo igualdade no marcador. 6-2 ao final para o Culle Tarrío que o converte en Campion da provincia de A Coruña.
Na loita polo terceiro e cuarto posto o EM Abegondo impúxose ao Culle Canosa Abogacía.
Boa entrada en Almeiras (arredor de 150 afeccionados) para coronar ao Balonman Culleredo coma o Campion da Provincia de A Coruña. A vindeira cita será o próximo 2 de xuño na cpto galego de balonmán. Sorte a todos estes rapaces.

Unha xeración traballada dende a base...
Son 46 os actuais xogadores de categoría alevín do clube Balonmán Culleredo, dos que a metade (nen@s de quinto de primaria) compiten a minibalonman (e clasificáronse para o cpto provincial da modalidade) e os restantes 23 (todos eles de sexto curso) compiten en balonmán a sete, acadando a primeira e segunda praza na liga zona norte (Coruña+Lugo) e resultando campions e cuartos clasificados na fase final provincial. Unha xeración escepcional que xa destacou nestes últimos dous anos acadando o cpto galego benxamin na tempada 2016-2017 e o subcampeonato no 2017-2018. Un comportamento exemplar destes rapaces, tanto nas pistas como fora delas, con moitísimo traballo, esforzo, sacrificio... De seguro que traballando nesta línea chegarán a onde se propoñan.

Os grupos Tarrio e Canosa Abogacía, do clube Balonman Culleredo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *