Saltar ao contido

O Bm Culleredo refórzase coa fichaxe de Fernando Vázquez Quinteiro na dirección técnica do clube

O noso presidente Anxo Canedo con Fernando Vázquez

O Bm Culleredo está de noraboa, pois nestes días pechouse a fichaxe de Fernando Vázquez Quinteiro para a dirección técnica do clube.

Fernando é un dos adestradores en activo con maior experiencia de Galicia e a súa boa labor no clube veciño EBM Xiria de Carballo da idea da calidade do seu traballo.

Chega ao Bm Culleredo con moitísimas ganas de traballar e cargado de ilusión. De seguro que liderará un salto de calidade no clube.

Dende o clube Balonmán Culleredo queremos agradecerlle a súa total disposición para unha negociación difícil en tempos de COVID-19 e convertiremos o Bm Culleredo na súa casa.

A aposta do clube é clara de cara a crecer en calidade e dar a mellor formación posible tanto aos máis de 240 rapaces e rapazas coma a tódolos adestradores do clube.

Benvido Fernando ao Clube Balonmán Culleredo!

#ForzaCulle

Para que poidades coñecelo mellor, deixámosvos un breve resumo da súa traxectoria e unha pequena entrevista que realizamos

Fernando Vázquez Quinteiro empezou a xogar ao balonmán no colexio Calazanz. Como xogador profesional militou na liga Asobal en equipos como o Teucro, Cadagua Galdar (Gran Canaria) e Chapela. Co Cadagua Galdar proclamouse subcampión da City Cup (competición europea extinta na actualidade) e co Chapela consigueu o campeonato da División Honor Plata, sendo un dos máximos goleadores da categoría ese ano e ascendendo á liga Asobal co equipo da localidade redondelana.

Militou en DHP no propio Chapela, na SAR de Redondela e no Pozoblanco (Córdoba).

Finalizou a súa carreira como xogador nas EBM Xiria, donde consigue un novo ascenso, esta vez de 1ª autonómica a 1ª nacional, categoría donde xoga ata a súa retirada.

Como entrenador, fórmase nas EBM Xiria, dirixindo a tódalas categorías da sección.

Fernando leva aos seus equipos a ser varias veces campións galegos nas súas categorías e a distintas fases nacionais. Posteriormente faise cargo do equipo senior da entidade, o Calvo Xiria, co que consigue varios subcampeonatos de 1ª nacional e a disputa de varias fases de ascenso a DHP. Na última temporada entrenou ao equipo senior femenino de 1° autonómica sendo referencia na sección feminina.

Forma tamén parte do corpo técnico da FGBM, sendo actualmente e por segundo ano consecutivo o seleccionador galego en categoría xuvenil masculina.

Entrevista a Fernando Vázquez:

¿Cal foi o principal atractivo que te animou a sumarte ao proxecto do Bm Culleredo?

O Bm Culleredo, quizais sexa na actualidade o clube que máis ten crecido en Galicia en canto ao número de fichas nos últimos anos. A seriedade coa que se está afrontando o proxecto e a pasión por mellorar a cada paso dos seus dirixentes, fan que me decante por este clube, no que eu considero que será un reto apaisoante para min. Un proxecto fresco, ambicioso, con moitas posibilidades, un grupo humano notable e nun entorno excelente, son argumentos máis que suficientes para que eu tomase a decisión de abandonar un clube que era a miña casa e no que levaba 20 anos.

¿Que proxectos de futuro no clube tes na cabeza?

As ideas flúen coma un torrente nestas semanas ao ver as moitas posibilidades de crecemento que existen no clube. Intentaremos seguir crecendo a través de asentar unha estructura, un modelo que teña como base a formación dos adestradores e da que se alimenten @s nen@s da base para que teñan un crecemento formativo que vaia da man tanto en valores como no deportivo. Crecer socialmente e facer crecer aos distintos equipos en canto ao seu nivel competitivo son obxetivos claros e contundentes.

¿Pódesnos comentar brevemente cal crees que é o camiño que debe de seguir o clube de cara ao futuro?

Anteriormente falaba da formación dos técnicos e ese punto antóxaseme clave. Se conseguimos melloralos nosos coñecementos e a eso lle engadimos experiencia, @s nos@s nen@s mellorarán con nós. Debemos manter ese espíritu de aprendizaxe sempre vivo nun ámbito e nun entorno cambiante e protexer e defender por encima de todo o noso valor máis importante… A CANTEIRA!

¿Crees que na calidade se está reducindo a brecha existente anos atrás entre o norte e o sur de Galicia no balonmán?

É evidente que as diferenzas xa non son as que eran e que esas diferenzas xa fai tempo que por sorte pasaron á historia. Eu veño dun clube que co paso dos anos e a base de traballo consegueu competir e saír airoso en moitas ocasións ante equipos do sur cos que fai algúns anos era impensable poñerse á súa altura. O aumento do número de clubes no norte é un feito, pero máis importante todavía é que na actualidade existen clubes que a nivel de estructura nada teñen que envidiarlle aos do sur de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *