Saltar ao contido

Día Internacional do Libro

Hoxe é un día moi importante a nivel internacional, nin máis nin menos que o Día Internacional do Libro! E nesta data tan especial, dende o Balonmán Culleredo, queremos agradecerlle a súa colaboración a Baía Edicións! Como vos comentaramos na entrega que lle dedicamos na nosa sección "Hoxe coñecemos a", Baía Edicións é unha editorial galega que forma parte dos nosos patrocinadores e na cal temos unha persoa que forma parte da nosa gran familia, Belén López Vázquez! Da man da editorial queremos traervos nesta data especial, un importante agasallo ao que Baía Edicións da acceso co beneplácito das súas autoras e autores. Nin máis nin menos que a posibilidade de descargar de forma totalmente gratuíta 10 libros para os nenos e nenas da casa poidan levar da mellor forma esta situación e non desconecten dalgo tan importante e bonito como é a lectura. Aquí vos deixamos o link para acceder á súa páxina e poder descargalos libros que desexedes dos 10 títulos dispoñibles:

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *