Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a: Despreocúpate Seguros

Hoxe, na nosa sección “Hoxe coñecemos a…”, queremos darvos a coñecer ao patrocinador que lle da nome a un dos nosos equipos benxamíns, Despreocúpate Seguros! Para que tod@s poidades coñecer un pouco máis acerca deles, deixámosvos unha pequena entrevista.

a) ¿Cal é a historia desta empresa?

Despreocúpate Seguros nace da ilusión persoal de Marcos Carreira, que despois de ter traballado por conta allea no sector seguros dende o ano 1998, decide emprender unha nova andadura creando a Agencia Exclusiva Digital con Allianz no ano 2013.

Dende entón somos membros do clube da Excelencia de Allianz, sendo unha distinción que ven a recoñecer o noso esforzo e dedicación como axencia da compañía e que ten ventaxas directas para os nosos clientes, ademáis de garantizar unha atención de calidade, unha formación adecuada e un maior nivel de autonomía.

b) ¿Que é o que máis vos gusta do voso traballo? 

Sen dúbida o trato directo cos clientes, ademáis moitos son amigos e outros rematan por selo, o poder dar solución a cada problema que xorde e a satisfacción de facer ben o noso traballo.

c) ¿De que estades máis orgullosos?

De poder contar coa confianza de máis de 1.250 clientes e que ano tras ano continuamos crecendo en número de clientes e de pólizas.

d) ¿Que semellanzas ten o voso traballo co balonmán?

No noso día a día esforzámonos para chegar a unha meta, o 100% de satisfacción dos nosos clientes, polo tanto, requírese un esforzó igual que no balonmán.

Non podemos “fallar” como equipo e debemos realizar un traballo cooperativo para non perder eficacia en resolvelos incidentes que xorden cada día.

O balonmán require estar siempre en forma, entrenar moi duro e poner en práctica as habilidades aprendidas para acadar resultados. Nós non deixamos de formarnos, todos os anos facemos cursos específicos co obxetivo de ofrecerlles aos nosos clientes o mellor asesoramento personalizado.

e) ¿Por que escollíchedes o Balonmán Culleredo?

Principalmente porque as nosas raíces están en Culleredo, ademáis, co Balonmán Culledo compartimos a paixón pola excelencia, o traballo en equipo e a superación.

f) ¿Que valores vos transmite o deporte?

O deporte está integrado na vida de todos nós, vida do benestar, impulsado por valores como a perseverancia, o compañeirismo, a solidaridade e as prácticas saudables.

g) ¿Que valores ten a vosa empresa? 

1) Formamos parte do proxecto “paperless”, que non só forma parte da estratexia de dixitalización da compañía, se non que tamén forma parte da súa aposta pola sustentabilidade, facendo unha aposta firme para reducila pegada de carbono.

2) O contratalos servizos con Despreocúpate Seguros, supón ter un valor engadido nas túas pólizas, sin por eso pagar máis no teu seguro, permitirache poder realizar en calquer momento e con total comodidade calquera xestión cos teus seguros, sen desprazarte e sen papeleo; en definitiva aforrando diñeiro e tempo.

3) A través da nosa APP “Despreocúpate Seguros”, podes estar sempre en contacto con nós e recibir atención en calquera momento e lugar.

4) Os que xa sodes clientes, sabedes que temos unha filosofía de empresa basada no “ti despreocúpate”. Ante imprevistos, nós encargámonos de todos os trámites e estamos contigo nos momentos que máis os necesites.

5) Ofrecemos as coberturas máis completas ao mellor precio e con asesoramento personalizado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *