{"id":9246,"date":"2026-05-25T12:31:31","date_gmt":"2026-05-25T12:31:31","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=9246"},"modified":"2026-05-25T12:32:17","modified_gmt":"2026-05-25T12:32:17","slug":"os-valores-e-o-sentimiento-de-equipo-do-sutenor-superan-as-derrotas-no-sector-nacional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=9246","title":{"rendered":"OS VALORES E O SENTIMENTO DE EQUIPO DO SUTENOR SUPERAN AS DERROTAS NO SECTOR NACIONAL"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" src=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-9247\" srcset=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50-768x1024.jpeg 768w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50-225x300.jpeg 225w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50-1152x1536.jpeg 1152w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50-960x1280.jpeg 960w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/WhatsApp-Image-2026-05-24-at-19.22.50.jpeg 1536w\" sizes=\"auto, (max-width: 768px) 100vw, 768px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Terceiro Sector Nacional para a secci\u00f3n feminina do BM Culleredo<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Terceiro Sector Nacional consecutivo para a secci\u00f3n feminina do BM Culleredo\u2026 e iso dise pronto. Dise r\u00e1pido, pero detr\u00e1s hai moitos anos de traballo deste club e, sobre todo, destas rapazas, unhas que marcharon e outras que foron chegando, constru\u00edndo pouco a pouco algo moi especial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As nosas cadetes disputaban o primeiro encontro fronte ao BM Maravillas de Benalm\u00e1dena, nun partido no que se puido observar unha gran igualdade durante boa parte do encontro. As nosas comezaron dominando dunha maneira espectacular. O ritmo defensivo permitiu encaixar tan s\u00f3 un gol nos primeiros dez minutos de xogo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na fase ofensiva, o Sutenor non estaba especialmente acertado nin gozaba dunha gran fiabilidade, pero pouco a pouco foi atopando mellores sensaci\u00f3ns. Co paso dos minutos, o partido igualouse moito. Pequenas diferenzas entre ambos equipos marcaban o encontro, a\u00ednda que o xogo colectivo do equipo cullerdense afloraba continuamente. Por\u00e9n, os pequenos detalles acabaron sendo determinantes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nos \u00faltimos intres non se puido atopar a tecla correcta e o Sutenor acabou perdendo o encontro, deixando a pel e algo m\u00e1is sobre a pista.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O segundo partido foi, quizais, un reflexo do primeiro, a\u00ednda que nesta ocasi\u00f3n non houbo dominio do Sutenor en ningunha fase do xogo. O cansazo acumulado do d\u00eda anterior comezaba a pasar factura. As emoci\u00f3ns segu\u00edan a flor de pel e iso xogou en contra da concentraci\u00f3n necesaria nos pequenos detalles, tanto no sistema defensivo como ofensivo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A\u00ednda as\u00ed, as nosas xogadoras demostraron, igual que no primeiro encontro, unha madurez e unha responsabilidade que posiblemente non se vira durante toda a tempada. Nas situaci\u00f3ns de superioridade e inferioridade num\u00e9rica, o equipo respondeu de maneira positiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Hab\u00eda moito traballo detr\u00e1s que parec\u00eda non sa\u00edr, pero no momento m\u00e1is complicado da competici\u00f3n\u2026 vai o Sutenor e cons\u00e9gueno. Que capacidade de cohesi\u00f3n ten este grupo, capaz de unirse dunha maneira excepcional. E isto \u00e9 m\u00e9rito delas, nin m\u00e1is nin menos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Chegou a segunda derrota, e as nosas derrub\u00e1ronse no vestiario. Pero, sorprendentemente, igual que no primeiro encontro, comezaban a aparecer sorrisos nas furgonetas, alegr\u00eda na residencia, boas caras durante a cea\u2026 Algo pouco habitual e que segue sorprendendo ao corpo t\u00e9cnico do Sutenor. A s\u00faa capacidade de superaci\u00f3n \u00e9 inimaxinable.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Quizais o terceiro encontro era, a priori, o m\u00e1is complicado. En fronte estaba un hist\u00f3rico do balonm\u00e1n feminino e un referente nas categor\u00edas base: o Balonm\u00e1n Elche.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Elche dominou o partido de principio a fin, pero as nosas seguiron sendo fieis \u00e1 s\u00faa identidade. O xogo colectivo predominou sobre as individualidades, non s\u00f3 en ataque, sen\u00f3n tam\u00e9n en defensa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Houbo momentos defensivos espectaculares, nos que se viu reflectido todo o esforzo que este grupo leva realizando nos \u00faltimos anos. Incrible o vivido en determinados momentos do encontro.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Unha mochila chea de experiencias<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tres derrotas en tres partidos, si. Pero tam\u00e9n unha mochila chea de experiencias, aprendizaxes e emoci\u00f3ns. Isto \u00e9 inigualable e s\u00f3 pode pasar no Balonm\u00e1n Culleredo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tres anos competindo na elite estatal do balonm\u00e1n base. Xogadoras que xa levan dous sectores nacionais e outras incluso tres. Rapazas cun sentimento inigualable cara a este club.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Incluso aquelas que non puideron participar fixeron desta experiencia algo inesquecible. Ver as s\u00faas caras antes e despois de cada encontro foi algo incrible. Sensaci\u00f3ns indescritibles que nunca se esquecer\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Grazas<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dende o corpo t\u00e9cnico da categor\u00eda cadete feminina:<br><strong>GRAZAS<\/strong> a todas as xogadoras por facer desta viaxe algo \u00fanico, exclusivo e excepcional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Grazas tam\u00e9n \u00e1s familias, porque sen v\u00f3s isto non ser\u00eda posible. Hai demasiado esforzo diario detr\u00e1s, pero merece totalmente a pena, porque sodes parte de todo isto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E, como non, grazas ao club. Sen v\u00f3s nada disto poder\u00eda existir.<br>\u00bfE se non viv\u00edsemos todo isto durante estes \u00faltimos anos? Unha gran reflexi\u00f3n que dar\u00eda para analizar detidamente.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Xogadoras BM Culleredo Sutenor<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sara Fern\u00e1ndez, Helena Portas, Mar\u00eda Otero, \u00c1frica G\u00f3mez, Aitana Gestal, Noa Ot\u00f3n, Alba Fern\u00e1ndez, Sara Villar, Claudia Soto, Rosal\u00eda Veiga, Lola Romero, Thais Villaverde, Sof\u00eda Meijide, Eva Out\u00f3n e Simona Seo.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Corpo t\u00e9cnico BM Culleredo<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Elena Abad, Mar\u00eda V\u00e1zquez, Roc\u00edo Santos, Dar\u00edo Ot\u00f3n e Alex Seijo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":12,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-9246","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9246","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=9246"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9246\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":9250,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/9246\/revisions\/9250"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=9246"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=9246"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=9246"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}