{"id":8265,"date":"2025-05-11T20:42:00","date_gmt":"2025-05-11T20:42:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=8265"},"modified":"2025-05-12T06:48:12","modified_gmt":"2025-05-12T06:48:12","slug":"o-bm-culleredo-despreocupate-es-pecha-a-competicion-cun-triunfo-nun-partido-para-o-esquecer","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=8265","title":{"rendered":"O BM.CULLEREDO DESPREOC\u00daPATE.ES, PECHA A COMPETICI\u00d3N CUN TRIUNFO NUN PARTIDO PARA ESQUECER"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"659\" src=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-1024x659.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8266\" srcset=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-1024x659.jpg 1024w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-300x193.jpg 300w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-768x494.jpg 768w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-1536x988.jpg 1536w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN-960x618.jpg 960w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/XOAN.jpg 1949w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, pechou o exercicio 2024\/25 cunha nova vitoria na Copa Federaci\u00f3n, rematando, desta forma, l\u00edder no grupo 1 Norte desta competici\u00f3n. Con todo, o conxunto cullerdense, completar\u00eda un dos peores encontros da tempada, adoecendo dunha falta de intensidade e actitude evidente, que levar\u00eda ao equipo a cometer gran cantidade de erros nas diferentes fases do xogo e numerosos fallos de lanzamento ante a porter\u00eda rival. O BM.L\u00ednea 21 Reformas Coru\u00f1a S.L 2021, a pesar de xogar toda a tempada na liga Prata, presentouse no 40x20 do municipal de Almeiras con moita m\u00e1is determinaci\u00f3n para competir que o seu rival e acabar\u00eda sendo mellor ao longo dos sesenta minutos, mostrando unha orde e rigor t\u00e1ctico maior. O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, dominar\u00eda no marcador durante todo o envite, a\u00ednda que con diferenzas que non superar\u00edan os seis goles e acabar\u00eda impo\u00f1\u00e9ndose polo seu maior poder\u00edo f\u00edsico, pero cunha pobre proposta a nivel de xogo. A retagarda do conxunto de Culleredo, comezar\u00eda encaixando catro goles nos primeiros catro ataques e durante boa parte do primeiro acto, non conseguir\u00eda sumar dous defensas consecutivas. O cambio defensivo a 5:1, ofrecer\u00eda un resultado positivo moment\u00e1neo e o conxunto local consegu\u00eda chegar ao tempo de descanso cunha c\u00f3moda vantaxe (21-15). A\u00ednda que sen grandes alardes, parec\u00eda que o equipo culminara os primeiros trinta minutos indo de menos a m\u00e1is e, por tanto, esper\u00e1base unha mellor versi\u00f3n no segundo acto. Reinici\u00e1base o encontro despois do tempo de asueto e pronto se difuminar\u00edan as altas expectativas, xa que O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, ca\u00eda unha e outra vez en erros graves, perdendo as costas ante os seus opo\u00f1entes e mostr\u00e1ndose moi febles nas situaci\u00f3ns de 1x1, as\u00ed como faltos na cadea de axudas. No xogo 2x2 entre os laterais e o pivote, os visitantes sacaban tallada ante a maior intensidade do xogador situado na li\u00f1a \u00e1 hora de ga\u00f1ar a posici\u00f3n e de efectuar os bloqueos. Non \u00eda mellor a cousa nas transici\u00f3ns nin no posicional, acumulando perdas de bal\u00f3n e erros no lanzamento en situaci\u00f3ns excesivamente arriscadas, mostrando un xogo individualizado e an\u00e1rquico, carente de rigor e disciplina t\u00e1ctica. O BM.L\u00ednea 21, acabar\u00eda por conseguir un parcial ga\u00f1ador neste segundo tempo (22-24), pero os locais lograr\u00edan facerse co triunfo por un marcador de 43-39 grazas a aqueles seis goles de diferenza despois dos primeiros trinta minutos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>BM.Culleredo<\/strong>\u00a0<strong>Despreoc\u00fapate.es:<\/strong>\u00a0<strong>43 (21+22).<\/strong>\u00a0Hugo Garc\u00eda (P), Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Alexis Mart\u00ednez, Lucas Faraldo, Alejandro Soto, Mart\u00edn Casal, Teo G\u00f3mez, Isaac Lorenzo, Mauro Fern\u00e1nez, Hugo Berm\u00fadez, Xo\u00e1n Canedo, Iv\u00e1n Gantes, Diego Rodr\u00edguez, Hugo Bregua, Adri\u00e1n Aneiros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>BM.L\u00ednea 21 Reformas Coru\u00f1a S.L 2021:\u00a039 (15+24).\u00a0<\/strong>Gabriel Gascoy, Mateo Curto, Hugo Aneiros, Aitor Vidal, Brais Garrido, Nuno Garc\u00eda, Iago Mui\u00f1o, Jacobo Mari\u00f1o, Alejandro Vilari\u00f1o, Manuel Caama\u00f1o, Marko Valcarce, Malick Costoya, Dar\u00edo G\u00f3mez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Colexiados:<\/strong>\u00a0Andr\u00e9 pena e Hugo Bello.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Incidencias:\u00a0<\/strong>Encontro correspondente \u00e1 derradeira xornada da Copa Federaci\u00f3n cadete masculina e \u00faltimo encontro oficial da tempada 2024\/25. Partido disputado nun polideportivo de Almeiras cas bancadas cheas de siereiuros de ambos os conxuntos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":10,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-8265","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8265","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8265"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8265\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8278,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8265\/revisions\/8278"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8265"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8265"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8265"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}