{"id":8049,"date":"2025-03-09T21:36:53","date_gmt":"2025-03-09T21:36:53","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=8049"},"modified":"2025-03-09T21:38:32","modified_gmt":"2025-03-09T21:38:32","slug":"a-ausencia-de-disciplina-tactica-deixa-case-sen-opcions-ao-bm-culleredo-despreocupate-es","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=8049","title":{"rendered":"A AUSENCIA DE DISCIPLINA T\u00c1CTICA, DEIXA CASE SEN OPCI\u00d3NS AO BM.CULLEREDO DESPREOC\u00daPATE.ES"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8050\" srcset=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-1536x1025.jpg 1536w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-2048x1367.jpg 2048w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/LUCAS-FARALDO-960x641.jpg 960w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=b3AE0ZYeBZA\">Cisne Colegio Los Sauces vs BM Culleredo IM<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, chegaba ao municipal de Pontevedra dependendo de se mesmo para consagrarse como campi\u00f3n galego ao termo a liga Ouro 2024\/25. Para iso, deber\u00eda de conseguir tres triunfos noutras tantas xornadas que restan para terminar a competici\u00f3n. En fronte, esperaba o Cisne Colegio Los Sauces, equipo que chegaba empatado a puntos cos cullerdenses e que, como estes, tam\u00e9n aspiran ao cetro auton\u00f3mico. Nunha categor\u00eda en que ambos os equipos \u00fanense ao BM.Lal\u00edn e ao Luceros de Cangas nun apertado final de tempada, cos catro en dous puntos de diferenza, cada vitoria conta e era por iso que os dous puntos en xogo antoll\u00e1banse vitais para os conxuntos en liza.<br>A pesar de comezar da mellor maneira posible, cun 0-3 de parcial, o <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong> pronto deixar\u00eda entrever algunhas lagoas importantes nas fases do xogo, especialmente na retagarda e o ataque posicional. O arranque ser\u00eda un espellismo e os locais, voltear\u00edan o marcador cun 5-0 de parcial (5-3) en apenas uns minutos. A partir dese instante, o encontro ter\u00eda s\u00f3 un dono e as diferenzas continuar\u00edan aumentando para os intereses dos pontevedreses. O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, adoecer\u00eda, de forma recorrente, dunha desorde t\u00e1ctica que se antolla o principal problema desta derrota. O abandono do plan de partido, sumir\u00eda ao equipo nunha anarqu\u00eda e unha desorde que os deixar\u00eda sen posibilidade de competir contra un rival moito m\u00e1is centrado no seu modelo de xogo. As lagoas defensivas comezaban a facerse m\u00e1is evidentes, tanto ante a primeira li\u00f1a cineista como na relaci\u00f3n co seu pivote e en ataque, a falta de ritmo e de xogo colectivo, facilitaba moito o labor defensivo dos locais, que aproveitaban os m\u00faltiples erros de lanzamento para apontoar a s\u00faa vantaxe con goles f\u00e1ciles ao contraataque. Cun contundente 20-10 ao descanso, o encontro fac\u00edase moi costa arriba para os cullerdenses.<br>No segundo acto e dada a diferenza, o equipo tentar\u00eda un cambio defensivo m\u00e1is profundo, m\u00e1is agresivo, coa idea de recuperar bal\u00f3ns que se convertesen en goles en transici\u00f3n. O Cisne Colegio Los Sauces, adaptar\u00edase ao cambio e tardar\u00edan apenas un par de ataques en atopar os espazos \u00e1s costas do avanzado. A\u00ednda que o parcial dos segundos trinta minutos ser\u00eda de 19-21 favorable ao equipo de Culleredo, a distancia no marcador e no xogo era tanta, que estes non chegar\u00edan para po\u00f1er en aprietos ao seu rival, c\u00f3modos coa vantaxe e cun bo dominio do marcador, do tempo e do ritmo de xogo.<br>Ao <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, quedanlle dous partidos importantes para esgotar as poucas posibilidades de conseguir o campionato e, se non fose as\u00ed, para selar o mellor posto para a pr\u00f3xima Final Four, cunha xugosa praza en xogo para o campionato de Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Cisne Colegio Los Sauces:\u00a039 (20+19).\u00a0<\/strong>Hugo Carreira, Manuel Garc\u00eda, Nicol\u00e1s Otero, Adri\u00e1n Gonz\u00e1lez, Gael Fdez, Manuel Eir\u00edn, Nicol\u00e1s Montoya, Luis Montoya, Marco Quint\u00e1ns, Iago Adelaide, Carlos Redondo, Sergio Carballo, Xoel Lago, Bruno G\u00f3mez, Ignacio Maceiras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>BM.Culleredo<\/strong>\u00a0<strong>Despreoc\u00fapate.es:<\/strong>\u00a0<strong>31 (10+21).<\/strong>\u00a0Hugo Garc\u00eda (P), Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Berm\u00fadez, Alejandro Soto, Xo\u00e1n Canedo, Adri\u00e1n Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodr\u00edguez, Teo G\u00f3mez, Iv\u00e1n Gantes, Mart\u00edn Casal.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Parciais Cada5<\/strong>\u00b4: 2-3 \/ 7-5 \/ 8-7 \/ 11-8 \/ 16-10 \/ 20-10 \/\u00a0<strong>Descanso<\/strong>\u00a0\/ 23-14 \/ 28-16 \/ 30-19 \/ 34-23 \/ 37-27 \/ 31-39 \/\u00a0<strong>Final.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Colexiado:<\/strong>\u00a0Marcos Fern\u00e1ndez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Incidencias:\u00a0<\/strong>Encontro correspondente \u00e1 16\u00aa xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no Pavill\u00f3n Dos Deportes de Pontevedra con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos e maravilloso ambiente de balonm\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":10,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-8049","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8049","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=8049"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8049\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8054,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/8049\/revisions\/8054"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=8049"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=8049"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=8049"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}