{"id":7680,"date":"2024-12-01T22:44:04","date_gmt":"2024-12-01T22:44:04","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=7680"},"modified":"2024-12-01T22:44:05","modified_gmt":"2024-12-01T22:44:05","slug":"o-bm-culleredo-despreocupate-es-desperdicia-unha-oportunidade-de-ouro-ante-o-cisne","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=7680","title":{"rendered":"O BM.CULLEREDO DESPREOC\u00daPATE.ES, DESPERDICIA UNHA OPORTUNIDADE DE OURO ANTE O CISNE"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7681\" srcset=\"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-1536x1025.jpg 1536w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-2048x1367.jpg 2048w, https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/ADRI-ANEIROS-960x641.jpg 960w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, chegaba a esta xornada n\u00famero 7 da liga Ouro en categor\u00eda cadete como l\u00edder invicto e recib\u00eda ao Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra, outro dos aspirantes ao t\u00edtulo, co obxectivo ambicioso de que os dous puntos quedasen en Culleredo. Era unha oportunidade de ouro para distanciarse m\u00e1is de un rival directo, que adem\u00e1is chegaba a Culleredo ca baixa de Xoel, un xogador trascendental para eles. O equipo cullerdense, entrou de maneira inmellorable no encontro, obrigando ao t\u00e9cnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto ao verse desbordado en todas as fases do xogo polo bo facer dos locais, que se adiantaban 5-1. Unha leve reacci\u00f3n dos pontevedreses, conseguir\u00eda igualar en sensaci\u00f3ns o envite e tam\u00e9n o electr\u00f3nico, reducindo a diferenza ata os dous goles (11-9). Unha inferioridade num\u00e9rica dos cullerdenses, ser\u00eda a clave para que os cineistas lograsen un parcial de 0-3 e se adiantasen no marcador cando se superaba o meridiano do primeiro acto e, o que \u00e9 peor, para que o <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es <\/strong>se fose dilu\u00edndo de modo esaxerado, tanto na s\u00faa retagarda como no posicional, chegando a encaixar un 1-9 de parcial co que vitualmente se escapar\u00eda a vitoria. Toda a intensidade e a solidaridade ca que funcionara a defensa cullerdense nos primeiros quince minutos, desaparec\u00eda bruscamente e nin en 6:0 nin en 5.1 os xogadores consegu\u00edan maniatar o ataque rival. As axudas eran inexistentes, a basculaci\u00f3n e profundidade defensivas deficitarias e o traballo colectivo desaparec\u00eda para ofrecer grandes espazos aos xogadores do Cisne e favorecer tanto os seus lanzamentos como a continuidade e as penetraci\u00f3ns. En ataque, o panorama tam\u00e9n se tornaba escuro, con numerosos erros acumul\u00e1ndose polas precipitaci\u00f3ns individuais que po\u00f1\u00edan en bandexa o encontro aos intereses do Cisne Colegio Los Sauces. O equipo entrar\u00eda en barrena e abandonar\u00eda por completo o aspecto colectivo, dando as costas ao modelo de xogo instaurado e ao plan de partido, entrando nunha falta de disciplina t\u00e1ctica que mesmo ameazaba un resultado final avultado. No posicional, a idea t\u00e1ctica de atacar detr\u00e1s das costas dos exteriores rivais que ameazaban sempre ao impar, a importancia do xogo sen bal\u00f3n dos laterais e a de dar continuidade cara a esas zonas abertas, antoll\u00e1base esencial, as\u00ed como a de colocar detr\u00e1s dos seus exteriores, nesa situaci\u00f3n entre 1 e 2 ao pivote. Dese xeito e segun o plan de partido, estabao a aplicar o equipo nos primeiros compases ata esos instantes de desconexi\u00f3n t\u00e1ctica. Dende logo, o que se deb\u00eda de evitar eran os lanzamentos na zona defendida polo bloque central dos pontevedreses, algo que os visitantes buscaban, sabedores da sua maior antropometr\u00eda e superioridade f\u00edsica. O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, sumir\u00edase ent\u00f3n no descontrol e o abandono dese rigor t\u00e1ctico tan nidispensable, caendo na trampa do xogo individual e chocando unha e outra vez con ese muro central do equipo da cidade do L\u00e9rez. Este coctel de imprecisi\u00f3ns e precipitaci\u00f3ns nas fases de xogo de ataque, unidas \u00e1 inoperancia defensiva, puxo en bandexa a vitoria ao Cisne Colegio Los Sauces, que virtualmente deixaba sentenciado o encontro ao termo dos primeiros trinta minutos (15-21). Efectivamente, na continuaci\u00f3n, os cineistas souberon controlar o ritmo do partido ao seu antollo e administar esa c\u00f3moda vantaxe para terminar por levarse os dous importantes puntos en xogo. O <strong>BM.Culleredo Despreoc\u00fapate.es<\/strong>, continuar\u00eda caendo nos mesmos erros, tentando a remontada m\u00e1is por coraz\u00f3n e \u00edmpeto que por buscar as soluci\u00f3ns t\u00e1cticas adecuadas e iso derivou nun parcial favorable (16-14) nos segundos trinta minutos que ser\u00eda insuficiente para conseguir a vitoria. Desta forma, os de Culleredo perden o liderado en favor do Feder\u00f3pticos Pereiro Lal\u00edn e ocupan a segunda praza empatados a puntos co Pizzer\u00eda Baratto Luceros de Cangas e o Cisne Colegio Los Sauces respectivamente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>BM.Culleredo<\/strong>\u00a0<strong>Despreoc\u00fapate.es:<\/strong>\u00a0<strong>31 (15+16).<\/strong>\u00a0Hugo Garc\u00eda (P), Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Berm\u00fadez, Xo\u00e1n Canedo, Alexis Mart\u00ednez, Adri\u00e1n Aneiros, Hugo Bregua, Diego Rodr\u00edguez, Teo G\u00f3mez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Cisne Colegio Los Sauces:\u00a035 (21+14).\u00a0<\/strong>Hugo Carreira, Manuel Garc\u00eda, Nicol\u00e1s Otero, Adri\u00e1n Gonz\u00e1lez, Gael Fdez, Manuel Eir\u00edn, Luis Montoya, Marco Quint\u00e1ns, Iago Adelaide, Carlos Redondo, Guillermo Candeira, Sergio Carballo, Mat\u00edas Gestido, Mart\u00edn Montes, Bruno G\u00f3mez, Ignacio Maceiras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Parciais Cada5<\/strong>\u00b4: 5-2 \/ 7-6 \/ 11-9 \/ 11-13 \/ 12-18 \/ 15-21 \/\u00a0<strong>Descanso<\/strong>\u00a0\/ 15-23 \/ 19-25 \/ 20-28 \/ 23-30 \/ 27-31 \/ 31-35 \/\u00a0<strong>Final.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Colexiado:<\/strong>\u00a0Pablo Barreiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Incidencias:\u00a0<\/strong>Encontro correspondente \u00e1 7\u00aa xornada na Liga Ouro cadete masculina. Partido disputado no polideportivo de Almeiras con excelente presencia de afeccionados de ambos os conxuntos e maravilloso ambiente de balonm\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":10,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-7680","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7680","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=7680"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7680\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7685,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/7680\/revisions\/7685"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=7680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=7680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=7680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}