{"id":5768,"date":"2023-03-06T17:14:16","date_gmt":"2023-03-06T17:14:16","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=5768"},"modified":"2023-03-06T17:14:56","modified_gmt":"2023-03-06T17:14:56","slug":"o-culleredo-despreocupate-es-non-pode-co-als-xiria-en-carballo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=5768","title":{"rendered":"O Culleredo despreocupate.es non pode co ALS Xiria en Carballo"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/pw\/AMWts8CgosVdaCi6GqanwkPy0mAAA1IrAigdM-aMuGbrDY-V16GgoggSIdsYc0e28fbHztBMweBBriLkTnWNMmHp6okhvklvWxfiHvXstlnzeMz-hWcxxRyA3RiTudtNd_k78yeZl3kT-h9LjsxWzKctzryt=w1394-h784-no?authuser=0\" alt=\"\"\/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xa desde antes de entrar no terreo de xogo sab\u00edamos os dous equipos que se trataba dun partido de alta tensi\u00f3n, deses nos que os erros sempre custan caros, xa que estando os dous equipos empatados a puntos na clasificaci\u00f3n, e con tan s\u00f3 d\u00faas xornadas m\u00e1is por diante, os puntos en disputa ser\u00edan vitais.<br>E chegamos dispostos a loitar pola vitoria, pero lamentablemente moi pronto comprobamos que non era o noso d\u00eda. Foi un deses d\u00edas nos que todo sae mal, e aos poucos minutos de comezar o encontro, o equipo local empezar\u00eda a escaparse no marcador e xa nunca puidemos achegarnos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A t\u00f3nica do partido foi moi similar ao longo dos 60 minutos: a nosa defensa consegu\u00eda frear o xogo r\u00e1pido do Xiria, e como tantas outras veces nos ocorreu nesta tempada, consegu\u00edamos levar ao noso rival ata a ameaza de xogo pasivo en case todas as nosas acci\u00f3ns defensivas. O problema foi que a pesar de ir sempre ao l\u00edmite, dunha maneira ou de outra o Xiria case sempre acababa conseguindo anotar. O noso esixente traballo en defensa desgast\u00e1banos, pero non acababa de conseguir premio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En ataque, comezamos conseguindo situaci\u00f3ns de lanzamento m\u00e1is ou menos claras, pero fallando unha e outra vez no lanzamento. Conforme pasaban os minutos, esta falta de acerto o \u00fanico que fixo foi meternos m\u00e1is presi\u00f3n, e acabamos facendo ataques cada vez m\u00e1is precipitados. Se hab\u00eda erros cando coci\u00f1abamos o ataque con calma, a cousa non pod\u00eda mellorar cando empezamos a facelo con presas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por se fora pouco, partido tam\u00e9n pouco afortunado no plano f\u00edsico, onde varios xogadores sa\u00edron con golpes de distinta consideraci\u00f3n, o que en maior ou menor medida, tam\u00e9n aumentou a dificultade para xogar ao noso mellor nivel. Afortunadamente, ning\u00fan deles de gravidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O certo \u00e9 que as sensaci\u00f3ns eran de que pod\u00edamos ter maior acerto fronte a un equipo ao que lle teriamos que competir moito mellor, pero tam\u00e9n \u00e9 certo que non fomos quen de facelo, e o Xiria levou os dous puntos en xogo con todo merecemento. Quedan d\u00faas finais nas que xa non podemos fallar, pero todo segue dependendo de n\u00f3s mesmos. A pr\u00f3xima cita ser\u00e1 a vindeira fin de semana en Almeiras fronte ao Reconquista de Vigo, \u00faltimo partido da liga regular en casa, onde esperamos o apoio de toda a nosa afecci\u00f3n nun partido que xa \u00e9 de m\u00e1xima trascendencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Resultado:<br><strong>ALS Xiria A 31 - Culleredo despreocupate.es 23<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u00c1rbitros:<\/strong> Iv\u00e1n Hern\u00e1ndez e Renzo Diaz.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Incidencias: <\/strong>partido correspondente \u00e1 16\u00aa xornada da Liga Ouro xuvenil masculina, adiantado ao venres 3 de marzo de 2023, e disputado no Pavill\u00f3n Vila de Noia en Carballo.<br><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5768","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=5768"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5768\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5770,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/5768\/revisions\/5770"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=5768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=5768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=5768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}