{"id":4730,"date":"2022-03-13T11:09:15","date_gmt":"2022-03-13T11:09:15","guid":{"rendered":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=4730"},"modified":"2022-03-13T11:34:50","modified_gmt":"2022-03-13T11:34:50","slug":"vitoria-con-autoridade-do-culleredo-despreocupate-es","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/?p=4730","title":{"rendered":"Vitoria con autoridade do Culleredo despreocupate.es"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/lh3.googleusercontent.com\/pw\/AM-JKLWnVCx2HlA1uI-uhtDI8SD6b2Cy0gPuoRV4ddSIsEl7q_-YQEjq0Fu0xYQLVCvPVhrHOpPIMHSG29JXTbtdGBdGoDQXy4nXFoCkzpgfRijlzOO4VDiMsO7kuyP2hABre9n4NILhgyp_bubT6alY0Urk=w1382-h922-no?authuser=0\" alt=\"\"\/><\/figure>\n\n\n\n<!--more-->\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Liga Ouro xuvenil masculina chega \u00e1 s\u00faa recta final, e nesta xornada aos nosos toc\u00e1balles recibir ao BM Tui, segundo clasificado e a\u00ednda con opci\u00f3ns de ser campi\u00f3n. E o noso equipo non se presentaba \u00e1 cita nas mellores circunstancias. Nunha tempada na que as baixas castigaron a este grupo, unha vez m\u00e1is a lista de participantes era moito menor do desexable.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Tui arrancou o partido cun ritmo infernal, fieis ao seu estilo habitual que fai da velocidade a s\u00faa mellor arma, e conseguiron a primeira vantaxe no marcador (2-5). Pero o Culle s\u00f3 tardou uns minutos en adaptarse e logo de empatar a 7, ser\u00edan os de casa os que levar\u00edan a iniciativa, tanto no xogo como no marcador. O Tui s\u00f3 consegu\u00eda facer dano usando a s\u00faa velocidade, tanto en contraataques como en acci\u00f3ns de contragol, pero en ataque posicional non eran quen de superar a defensa local, moi firme durante todo o partido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na outra \u00e1rea, o noso ataque romp\u00eda con relativa facilidade unha e outra vez a defensa rival. O Tui, moi pendente de frear o noso lanzamento exterior, adiantaba moito as s\u00faas li\u00f1as, pero o Culle consegu\u00eda encontrar con facilidade tanto ao pivote como aos extremos. Ao descanso, vantaxe de dous, 17-15, pero con sensaci\u00f3ns de que pod\u00eda ser maior.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao pouco de iniciar a segunda metade, Nuno Loxo quedaba fora de combate ao recibir nunha coxa un fort\u00edsimo golpe co xeonllo dun xogador tudense, o que nos fixo pasar unha fase de xogo con m\u00e1is problemas, botando en falta tanto a s\u00faa faceta anotadora como a labor de direcci\u00f3n do equipo no xogo ofensivo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Pero hai d\u00edas nos que as dificultades s\u00f3 est\u00e1n a\u00ed para ser superadas, e o equipo se repuxo, e a pesar da escaseza de xogadores, todos e cada un dos presentes decidiron que este partido non se \u00eda perder. Rendendo todos ao seu mellor nivel, conseguiron superar ao Tui, tanto en defensa como en ataque, para chegar \u00e1 recta final do encontro con vantaxe suficiente para non pasar apuros, ata conseguir o 36-33 final.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Sen d\u00fabida un dos mellores partidos desta tempada para o Culle, ao que s\u00f3 lle resta unha \u00faltima xornada para finalizar a liga, que afrontar\u00e1 buscando unha improbable carambola: ga\u00f1ar de m\u00e1is de 10 ao Porri\u00f1o e esperar que o Xiria empate ou perda fronte a Cangas, para conseguir meterse no Play-Off, que poder\u00eda proporcionarlle unha praza para disputar o campionato de Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Culleredo despreocupate.es 36<\/strong> (17+19): Xoel Garrido (1), Mar\u00edn Insua (4), Jorge L\u00f3pez, Lucas S\u00e1nchez (1), V\u00edctor Sala, Mateo D\u00edaz (3), Adri\u00e1n Veira (1), Samuel Seijas (2), Nicol\u00e1s P\u00e9rez (5), Nuno Loxo (8), Alejo Mart\u00ednez (3) e Sen\u00e9n Garea (8).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>CB Tui 33<\/strong> (15+18): Manuel Rodr\u00edguez, Anxo Vila, Diego Rodr\u00edguez (11), Miguel Pena (1), Lucas Ramos (1), Pedro P\u00e9rez, Jorge Domato (3), Lois Est\u00e9vez (2), Carlos Correia, Anxo \u00c1lvarez (2), Mateo Moro\u00f1o, Hugo Rodr\u00edguez, Pablo G\u00e1ndara (12), Hugo Ramos, \u00c1lex Dacu\u00f1a e Iker Balado (1).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Parciais cada 5 minutos:<\/strong> 2-5 \/ 6-7 \/ 9-9 \/ 13-12 \/ 15-14 \/ 17-15 (Descanso) \/ 21-21 \/ 23-24 \/ 27-27 \/ 30-29 \/ 33-29 \/ 36-33 (Final).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u00c1rbitros:<\/strong> Pablo Torreiro e Iv\u00e1n Hern\u00e1ndez. Sen complicaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Incidencias:<\/strong> partido correspondente \u00e1 17\u00aa xornada da Liga Ouro xuvenil masculina, disputado no Pavill\u00f3n de Almeiras cunha importante afluencia de p\u00fablico e un gran ambiente nas bancadas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-4730","post","type-post","status-publish","format-standard","category-uncategorized","h-entry","hentry","h-as-article"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4730","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=4730"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4730\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4736,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/4730\/revisions\/4736"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=4730"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=4730"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.balonmanculleredo.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=4730"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}