Saltar al contenido

Acerca de Comunicación Balonmán Culleredo

Departamento de comunicación do Club Balonmán Culleredo

Esta semana fixemos unha pequena visita ao patrocinador que lle da nome ao noso equipo cadete masculino de división de honra, INDUCTEC, unha enxeñería industrial que se dedica á realización de proxectos industriais aplicando as máis modernas solucións tecnolóxicas. A continuación deixámosvos algo máis de información xunto coa súa páxina web e contacto, para quen queira saber máis! 🤓🏭💻

Hoxe queremos darvos a coñecer a clínica dental Seoane y Freire. Como de costume deixámosvos unha pequena entrevista, realizada á Dra. Isabel Seoane Lombardía e á Dra. Vanesa M. Freire Freire, para que poidades coñecer un pouco máis a súa labor:

a) Cantos anos leva en funcionamento a clínica?

Abrimos esta consulta fai 1 ano, pero a maior parte do equipo levaba xa 15 anos traballando nunha consulta en Vilaboa, que cerrou as súas portas a finales do 2017.

b) Que vos levou a montar este negocio?

Queríamos continuar coidando da saúde buco-dental de todos aqueles amigos e pacientes que confiaron en nós durante todos esos anos, así como de todos aqueles pacientes que queiran visitarnos por primeira vez.

c) De que estades áais orgullosas?

Do noso valor como equipo, que conta con profesionales formados en todas as áreas odontolóxicas. Das nosas instalacións, pensadas para que o paciente se sinta cómodo na súa visita ao dentista. De ser un espazo cardioprotexido e de contar coas tecnoloxías máis punteiras dentro do campo da odontoloxía.

d) En que se pode asemellar unha clínica dental a un clube de balonmán?

Valoramos moito o traballo en equipo e é unha das nosas claves para conseguir o éxito profesional e o mellor trato para os nosos pacientes.

e) Por que decidíchedes axudar ao Balonmán Culleredo?

Sentímonos comprometidas co desarrollo do deporte local. Á nosa consulta acoden moitos nenos e gustaríanos fomentalo deporte como parte fundamental duns hábitos de vida saudables.

f) Que é o que máis vos gusta do voso traballo?

A gratificación que nos aporta a satisfacción dun paciente tras un tratamento ben feito.

Para máis información, non deixedes de visitala súa páxina de Facebook.

https://www.facebook.com/seoaneyfreire/

O vindeiro SÁBADO 21 DE DECEMBRO, teremos o noso Torneo Solidario REMAX RIAZOR de Nadal. Entre as 10:00 e as 17:00 xogaremos as categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín; e ás 17:00h faremos a foto oficial desta tempada, antes do partido de liga senior. Como cada ano, no torneo recolleremos alimentos non perecediros e productos de hixiene que serán entregados a Cáritas para a súa distribución na contorna. Colabora connosco neste importante evento!
#ForzaCulle

Hoxe queremos darvos a coñecer o Centro de Fisioterapia Benestar, para eso deixámosvos aquí unha pequena entrevista realizada ás súas compoñentes, unhas grandes profesionales.

a) ¿Cal é a historia da empresa?

A nosa empresa nace en febrero de 2015, despois de comenzar a nosa andadura profesional alá polo 2007; e de paralelamente estudiar e especializarnos, decidimos emprender, para poder realizar o noso traballo da maneira que máis nos gusta, dedicando tempo ao paciente e personalizando os tratamentos.

b) ¿Que é o que máis vos gusta do teu traballo? 

O trato cercano cos pacientes e poder coñecer de primeira man as súas lesións e a súa evolución.

c) ¿De que estades máis orgullosas?

De formar un equipo de mulleres, polo momento, e de ternos lanzado á piscina nun momento no que a crise económica non animaba a facelo.

d) ¿Que semellanzas ten o voso traballo co balonmán?

Aínda que non somos deportistas, o noso traballo tamén é físico, por eso valoramos o coidado do corpo como calquera persona que se dedica ao deporte; e pola nosa profesión e a cercanía coas diferentes disciplinas fai que admiremos o gran esforzo dos deportistas, moitas veces á marxe da súa vida profesional.

e) ¿Por que escollíchedes o Balonmán Culleredo?

Por ser referencia do deporte neste concello, polo seu traballo e a constante evolución, crecendo en tantas categorías, de tantas idades diferentes, tanto masculinas como femininas.

f) ¿Que valores vos transmite o deporte?

Disciplina, esforzo e ilusión por alcanzar novas metas e obxetivos.

g) ¿Que valores ten a vosa empresa? 

Realizar cada día o noso traballo o mellor posible, seguir aprendendo e mellorando e divulgar a importancia da fisioterapia na recuperación dunha gran cantidade de doenzas. Para máis información podedes entrar na súa páxina de Facebook que deixamos nesta mesma publicación ou á súa páxina web: https://www.centrodefisioterapiabenestar.com/

Fin de semana intenso e con resultados moi variados para os nosos diferentes equipos.

BIBERÓNS E PREBENXAMÍNS

Xogaban os máis pequenos partidos amistosos contra o Abegondo, nos que poideron disfrutar do gran ambiente deportivo do balonmán.

BENXAMÍN BM5

Xogaban na mañán do sábado os nosos equipos benxamíns en Tarrío. Xornada na que xogaban partidos moi igualados, tendo que dalo máximo en cada un dos partidos, dando un pasiño máis no seu aprendizaxe deportivo.

ALEVÍN BM5

Bm Culleredo Cristalería Gestal 8-8 Lucus Parrillada Abel

Partido complicadísimo, no que sacamos un resultado moi positivo.

Bm Culleredo Café Caprice 8-8 S.D. Eumesa

Foi un partido repleto de despistes defensivos pola nosa parte, que permitía aos eumeses igualarnos e disputar cada cuarto.

ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Xallas FC

Victoria para os nosos rapaces de segundo ano, que siguen mellorando.

Bm Culleredo Canedo 4-12 Abegondo Todo Deporte

Partido de menos a máis das nosas nenas, que pouco a pouco van avanzando e sendo máis competitivas cada fin de semana.

INF. FEMININO 2ª DIV.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 15-29 BM Cangas B

Partido de continuos desatinos tanto en ataque coma defensa. Toca entrenar a tope para correxir os erros desta finde

INF. MASC. 2ª DIV.

Bm Culleredo Construpereiro 25-20 Galipizza Viveiro

Mal partido dos nosos, con moita prisa en ataque e moi pasivos en defensa. Toca seguir traballando para intentar volver ao bo camiño.

INF. MASC. D.H.

Bm Lalín 31-24 Bm Culleredo Sutenor

Saída complicada, que afrontábamos con ganas, pero o gran traballo rival no 2x2 acabou valendo unha clara victoria.

CAD. FEMININO 2ª DIV.

BM Culleredo Rafergal 46-11 BM Cangas B

Partido sen incidencias dominado polas nosas de principio a fin.

CAD. MASC. 2ª DIV.

Bueu Atlético Balonmán 38-31 Bm Culleredo Serye Ingenieros

Dura derrota dos nosos cadetes ante un moi bo Bueu, no que en ningún momento do encontro perderon o espíritu de loita.

CAD. MASC. D.H.

Bm Lalín 30-32 Bm Culleredo Indutec

Encontro moi disputado no Lalín Arena, que os locais se acabarían levando polos pelos. Gran traballo de todo o grupo!

XUVENIL D.H.

Bm Lalín 35-23 Bm Culleredo Técnicos 115

Dende o principio, o Lalín collería unha amplia ventaxa, que se nos faría imposible remontar, ante un Lalín máis experimentado.

SENIOR

Bm Culleredo 21-20 SAR Plastic Omnium

Desputa do liderato en Almeiras que se levaban os nosos despois dun tenso e emocionante partido, grazas a un gran traballo de equipo.

Hoxe coñeceremos Baía Edicións, editorial fundada na Coruña, que traballa con varias liñas editoriais e que apoia ao Balonmán Culleredo. Para coñecelos un pouco máis, hoxe respóndenos a unhas preguntiñas unha das súas integrantes: Belén López Vázquez.

a) ¿Cal é a historia da empresa?

Baía Edicións fundouse en 1990 pola necesidade dun grupo de profesoras e profesores de dispoñer de recursos en galego e referidos a Galicia, que nese momento case non había, e tamén polo interese en contar cousas moi importates que temos pero das que ninguén falaba no momento, pois todo se collía de fóra.

Eu persoalmente empecei a traballar na empresa por ese mesmo interese.

b) ¿Que é o que máis che gusta do teu traballo? 

O que máis me gusta do meu traballo é a oportunidade de coñecer persoas que saben moito e máis da nosa terra, dos costumes, da natureza, a economía e que cren na importancia da educación, aman a súa profesión, aman a lectura e a cultura en xeral.

De todo o que fago o que máis me emociona é cando algún lector ou lectora me fai saber como se sorprendeu  ao  descubrir algo nun libro noso, como se divertiu lendo este conto ou o que se emocionou cunha novela e lle fixo pensar; tamén cando unha profesora ou profesor me di que esoutro libro lle axudou moito a dar unha clase, outra que fixo un menú delicioso cunha receta dun libro noso.. pero, sen dubida, o mellor momento como editora foi recibir unha carta dun neno que se notaba estaba aprendendo a escribir, no que se dirixía á protagonista duns contos nosos e a invitaba a comer á súa casa cando pasase por cerca dela … iso é crear ilusión e realmente emocionoume.

c) ¿De que estás máis orgullosa?

Non sei se lle podo chamar orgullo ao que sinto co meu traballo, pero si ilusión por facer algo que considero necesario e que ademais me gusta. Como exemplo de algo que si me fixo sentir orgullosa e que valía a pena o esforzo e algunhas penurias que pasamos, foi a carta que mencionei antes recibida dunha lectora que estaba empezando. Tamén cando encontro persoas que me contan  que  se aficcionaron ao sendeirismo e á observación de aves polas nosas “Guías da natureza”,  pequenas cousas que para nós son moi importantes.

d) ¿Que semellanzas ten o teu traballo co balonmán e por que escolliches o Balonmán Culleredo?

O balonmán é unha editorial como Baía, creo que se parecen na finalidade lúdico educativa, na proximidade a nenas e nenos, na ilusión por compartir experiencias e motivacións e o fomento do traballo solidario e en igualdade, especialmente de xénero.

Moitas gracias pola túa atención e desexámosvos o mellor para a editorial nos vindeiros anos!

Deixámosvos a continuación dúas das súas promocións de Nadal para aqueles lectores que esteades interesados! Botádelle unha ollada!

BENXAMÍN BM5

Xornada de minibalonmán en Abegondo para os nosos equipos benxamíns, que xogaban un total de 6 partidos, no que se percibía a mellora no xogo sin balón que estiveron a traballar ao longo da semana.

ALEVÍN BM5

Bm Culleredo Canosa Abogacía 11-5 Catering Imos Arteixo

Moi bo partido dos nosos alevíns e dos benxamíns convocados, que desmostraban todo o seu potencial.

ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Enerxíasolar 11-5 Gestagua Xiria Feminino

Partido perfecto dos nosos rapaces de 1º ano que se impoñían a un bo Xiria.

Bm Cullerdo Enerxíasolar 4-12 Cp Lucense

Partido moi duro para os nosos, que a pesar do seu gran traballo defensivo, se vían superados pola diferenza de tamaño; sumándolle a esto a dificultade de tentar superala defensa cerrada dos lucenses.

INF. FEMININO 2ª DIV.

BM Culleredo Clinica Benestar 20-5 CP Lucense

Vitoria cómoda e con vantaxe dende os primeiros minutos. Un pasiño máis para seguir traballando con ilusión.

INF. MASC. 2ª DIV.

Bm Culleredo Construpereiro 26-32 Bm Camariñas J.J. Chicolino

Partido no que a falta de disciplina e cab-eza fría nos costou unha dura derrota.

INF. MASC. D.H.

Bm Culleredo Sutenor 38-24 BM Porriño

Partido moi serio dos nosos rapaces, destacar a participación de todos os xogadores e a súa disciplina nas funcións realizadas.

CAD. FEMININO 2ª DIV.

A.D. Carballal 23-24 Bm Culleredo Rafergal

Partido moi competitivo dominado polo Carballal na primeira parte, cambiando completamente o partido na segunda parte, tras axustar a nosa defensa.

Bm Culleredo Rafergal 30-8 CP Lucense

Partido sin moitas incidencias e sen que se notase no traballo das nosas o cansancio por xogar dous partidos.

CAD. MASC. 2ª DIV.

Bm Culleredo Serye Ingenieros 27-19 Lucus Comercial Emilio

Bo partido dos nosos que acadaron unha cómoda victoria gracias ás boas combinacións ofensivas e á sólida defensa 6:0.

CAD. MASC. D.H.

Bm Culleredo Indutec 25-25 BM Porriño

Partido de tolos, donde o Porriño malgastaba unha ventaxa de 8 goles, conseguido os nosos igualalo partido co seu gran espíritu de loita.

XUVENIL D.H.

Técnicos 115 Culleredo 29-22 Seis do Nadal

Cómoda victoria dos nosos xuvenís, que a pesar de non mostrar o seu máximo nivel, sendo aínda así moi efectivos en ataque e conseguindo rentas que nos facían rematalo partido con unha maior tranquilidade.

SENIOR

Seis do Nadal 29-32 Bm Culleredo

Desprazamento moi complicado ao que acudíamos con moitas baixas. A pesar de todo, o gran esforzo defensivo realizado permitíanos volver para a casa con 2 puntiños máis. Na seguinte xornada toca enfrontarse en Almeiras ao SAR, 1º clasificado ata o momento, empatado a puntos cos nosos senior.

#ForzaCulle #EnNegroContraAsViolencias2019

Nesta tarde de domingo estaban convocados para entrenar, xa por 3ª vez, cinco dos nosos rapaces nesta fase de preselección da selección galega para o Campeonato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2020, que se celebrará en Cantabria. Os nosos xogadores convocados son:

  • Categoría infantil: Marcos Regueiro e Samuel Seijas
  • Categoría cadete: Jorge López, Mateo Díaz e Nuno Loxo

Un gran logro para estos rapaces o ter chegado ata aquí, sendo froito do gran traballo que todos eles realizan cada día nos adestramentos. Agora tócalles seguir traballando e esperar que poidan continuar con este soño e participar no CESA 2020.

Aínda non sabes cando xogan os teus equipos? Pois aquí che deixamos os horarios para que non te perdas ningún dos moitos encontros desta fin de semana, pásate por Almeiras ou por Tarrío a animar aos teus equipos! #ForzaCulle

BENXAMÍN BM5

Desprazábanse os benxamíns a xogar a Abegondo, disfrutando dunha nova xornada de balonmán na que demostraron o moito que están a mellorar.

ALEVÍN BM5

Bm Lucus Parrillada Abel 12 – Bm Culleredo Café Caprice 4

Partido moi complicado para os nosos alevíns de 1º ano no que a diferenza de tamaño nos dificultaba enormemente o poder competir.

ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Remax Riazor 12 - Bm Culleredo Canedo 4

Partido entre os nosos rapaces de 2º ano e as nosas rapazas, no cal se respiraba un ambiente de competitividade sana e se apreciaba o froito do esforzo que todos estos nenos e nenas están a facer a diario.

INF. FEMININO 2ª DIV.

Seis do Nadal Coia 14 - BM Culleredo Clínica Benestar  9

Partido marcado polas baixas, no cal a boa defensa os poucos lanzamentos á porteria contraria marcaban a tónica do partido

INF. MASC. 2ª DIV.

Metalúrgica BB Xiria 30 - Bm Culleredo Construpereiro 17

Partido que se prevía moi complicado, no cal non estivemos ao nivel necesario, ante un rival que estivo moi acertado en todos os aspectos do xogo.

INF. MASC. D.H.

Bm Rodeiro 22 - Bm Culleredo Sutenor 23

Salida moi complicada dos nosos, que solventarían gracias ao gran traballo defensivo durante os 50 min do partido e asegurando os 2 puntos ao parar o noso porteiro un penalti co partido xa finalizado que podería supoñelo empate.

CAD. FEMININO 2ª DIV.

Seis do Nadal Coia 8 - Bm Culleredo Rafergal 35

Partido sen complicacions dominando o marcador dende o principio fronte a un rival con pouca oposicion. Traballo de xogadas e accions individuais para futuros partidos.

CAD. MASC. 2ª DIV.

Abegondo Casa Torreiro 33 - Bm Culleredo Serye Ingenieros 31

Primeira derrota dos nosos cadetes de 2º división nesta tempada. Foi un partido moi competido, donde nos lastraron os fallos defensivos.

CAD. MASC. D.H.

Bm Tui 33 - Bm Culleredo Indutec 30

Encontro moi igualado, donde o Culle foi ganando durante 3/4 do encontró, pero no foi capaz de rematalo, o Tui loitou todo o encontro para levarse a victoria .

XUVENIL MASCULINO D.H.

Atlético Novas 25 -  Bm Culleredo Técnicos 115  25

Gran partido dos nosos xuvenís que a pesar das baixas soubo sobrepoñerse á situación, sobre todo cando ao descanso nos atopábamos 5 goles por debaixo. Tras unha segunda parte excelente, conseguimos un empate que sabe a pouco por non ter conseguido o gol que nos dese a ansiada victoria no último ataque do encontro.

SENIOR

Grupo Dila Campus Ourense C.B. 20 - Balonmán Culleredo 23

Desprazamento complicado o que afrontaba o equipo senior, no cal conseguíamos manter unha boa defensa, vendo pola contra como os nosos lanzamentos claros eran detidos polo porteiro rival. A falta de 15 minutos e perdendo de 3 goles, o equipo continuou loitando para conseguir darlle a volta ao marcador, sobre todo gracias ao bo facer da nosa defensa e a nosa portería.