Saltar al contenido

PREBENXAMÍN:

Xornada desputada en Carballo, na que @s nos@s nen@s o pasaban en grande competindo con compañeir@s de equipos de toda a provincia!


BENXAMÍN:

Concentrábanse o sábado en Tarrio os nosos equipos benxamíns, disfrutando unha fin de semana máis do deporte que máis lles gusta e amosando todos unha gran melloría no xogo!


ALEVÍN BM5:

Bm Culleredo Cristalería Gestal 12-4 Bm Culleredo Café CapriceEncontro moi desputado entre os nosos 2 equipos de bm5, no que cabe destacar a gran intensidade dos dous equipos.


ALEVÍN BM7:

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Xallas FCDe novo se enfrontaba o Remax ao Xallas, acadando unha victoria baseada nunha gran defensa, con moitos roubos de balón dos nosos avanzados que nos permitían chegar con rapidez á portería rival.
Bm Culleredo Canedo 4-12 Abegondo Todo DeporteNovamente partido contra o Abegondo Todo Deporte, no cal as rapazas amosaban un mellor xogo que a semana anterior, desputando ata o final cada cuarto!


INF. MASC 2 DIV:

Bm Camariñas J.J. Chicolino 23-28 Bm Culleredo ConstrupereiroPartido contra un rival sempre complicado, pero que conseguimos controlar de principio a fin, destacando a gran aportación de todos os nenos ao equipo!


INF. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Sutenor 30-29 Bm RodeiroNovo partido dos nosos onde todolos xogadores formaron parte desta victoria.


CAD. MASC. 2 DIV.:

Bm Culleredo Serye Ingenieros 30-35 Bueu Atlético BalonmánPartido moi complicado para os nosos cadetes que non se viñeron abaixo en ningún momento do encontro.


CAD. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Indutec 30-34 Bm TuiGran partido o vivido en Almeiras onde o dous equipos de de o primero momento demostraron querer levarse o partido.Partido de ida e volta, onde o Tui aproveitou as súas oportunidades.


XUV. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Técnicos 115 21-23 Acanor Atlético NovásPartido moi desputado, o cal se decidiu nos últimos minutos por mor dos nosos erros que aproveitaba o Novás.


SENIOR MASCULINO:

Balonmán Culleredo 26-26 Seis do Nadal-CoiaPartido igualado de inicio a fin. Non estivemos ben na parcela defensiva e deixábamos moitos espazos para que o conxunto vigués finalizara con demasiada facilidade.

#ForzaCulle

De novo, Mateo Díaz volta a Culleredo tras unha nova concentración nas Xornadas de Tecnificación Nacional da xeración 2004-2005. O noso xogador puido desfrutar de novo o premio de ser un dos elexidos para participar nestas xornadas de tecnificación, froito do seu traballo e esforzo ao longo da temporada! A súa constancia e disposición, xunto coas súas capacidades que non deixan de crecer, estano a facer un habitual nestas xornadas no CAR de Serra Nevada.

Noraboa Mateo!

#ForzaCulle

Hoxe volvemos cunha sección a cal vos gustou moito na súa primeira publicación! Esta nova entrega é dunha persoa que seguramente tod@s coñecedes, o humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán Rodríguez, “Touri”.  Pois aínda que algúns non o soubesen, Touri forma parte da historia do clube, sendo un dos pioneiros do balonmán en Culleredo como clube e donde de vez en cando participa en partidos cos nosos veteranos!

A continuación deixámosvos unhas fotos da súa traxectoria ao longo dos anos que pasou no clube e unhas preguntas que nos respondeu, para que todos os cullerdenses poidades saber un pouco máis da historia de Touri no clube.

A) A que anos empezaches a xogar ao balonmán?

Con 12 anos, penso que o primeiro partido que xoguei foi no 1992, o primeiro do que foi o Grupo Mar, o 1º clube de balonmán de Culleredo. 

B) De todos os anos vividos no clube, cal é para ti o recordo máis bonito que tes da túa historia deportiva no Balonmán Culleredo?

Pois o máis chulo e o mellor recordo é todo o que pasou eses anos, os amigos, as amigas, as viaxes, os torneos, as concentracións... Iso, anos fantásticos onde o balonmán centraba totalmente as nosas vidas.

Un recordo ben bonito tamén é o de ter coñecido a Raúl Entrerríos e á súa familia e ser amigo del aínda a día de hoxe. Cando eramos infantiles fixemos un intercambio co Grupo Astur, equipo de Xixón e a min tocoume convivir coa familia Entrerríos. Imaxina durmir na cama de Alberto... eu creo que algo do que fixo despois foi coa enerxía que eu deixei naquela cama.

C) Despois de tantos anos de balonmán imaxínome que haberá algunha anécdota graciosa que recordes.

Haberá mil das viaxes, os desprazamentos en bus eran moi divertidos. Recordo un torneo en Portugal onde nos rimos moito, desde almorzos de auga con polvos que nos dicían que era zumo, naranxas voando nos partidos e ata ratas nas habitacións... 

D) Hai algunha ensinanza que ti consideres que sacaches do balonmán e que consideres importante? 

O traballo en equipo, que o colectivo é o importante, tes que axudarlle ao do lado e el axudarche a ti; e sobre todo que as victorias e as derrotas lévanse mellor cando son compartidas.

E) En que posto xogabas máis ou che gustaba máis xogar cando eras un rapaz? 

Eu onde máis xoguei nas categorias inferiores foi de central, era onde máis me gustaba xogar, tamén me tocou algunha vez no lateral dereito. O curioso é que estiven convocado coa selección galega e onde máis xoguei foi no pivote.

F) E actualmente, como ves o clube? 

Mellor que nunca. Creo que o camiño é o correcto. Aínda que desde lonxe, vexo que o traballo que se está a facer, polos que antes foron os meus compañeiros, é estupendo. Agora tocarame acompañar aos meus fillos... espero que eles desfruten o mesmo que desfrutei eu deste deporte.

G) E unha última pregunta máis persoal, que proxectos de futuro tes agora mesmo?

No futuro non o sei, os proxectos que teño no presente van desde continuar desfrutando dos monólogos e do teatro con Fariña e Unha noite na praia. No audivisual acaba de estrearse a segunda tempada de Pequeñas Coincidencias en Amazon e tamén se estrea en marzo a 2ª de Justo antes de Cristo, en Movistar. Estou agora rematando de rodar outra serie para Netflix, que se chama El desorden que dejas. Teño unha peli no verán e tamén espero volver á TVG, que é a miña casa. Estes son os proxectos de agora, por iso non sei que pasará no futuro, teño moito choio no presente.

Touri xunto a Alberto Entrerríos
Touri xunto a Talant Dujshebaev
Touri xunto a parte dos veteranos nun partido do verán pasado

BIBERÓN E PREBENXAMÍN

Nova xornada de competición d@s nos@s pequen@s! De novo se xuntaban con equipos de toda a provincia para seguir dando pasiños no seu avance como deportistas, divertíndose co deporte que máis lles gusta!

ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Culleredo Enerxíasolar.com

Partido de liga entre os nosos equipos masculinos de primeiro e segundo ano, no que ambos equipos competiron moi ben, ofrecendo un gran partido!

Bm Culleredo Canedo 8-6 Bm Xallas FC

Bo partido das nosas nenas alevíns que mostraron unha gran claridade en ataque.

INF. FEM 2ª DIV.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 11-19 Seis do Nadal-Coia

Fumos por detrás no marcador durante todo o partido. Erros defensivos moi claros de malas vasculacións. A actuación da gardameta rival tampouco nos puxo as cousas fáciles, o que facía que nos desmotivásemos máis.

INF. MASC. 2ª DIV.

Bm Culleredo Construpereiro 26-25 CP Lucense

Moi bo partido dos nosos, competindo en todo momento e aportando todos para o equipo. Destacar a loita ata o último segundo dos nosos que a falta de 2 minutos iban perdendo de 2 e tras un tempo morto foron quen de remontalo partido!

INF. MASC. D.H.

Bm Culleredo Sutenor 26-34 Bm Atlántico

Mal partido dos nosos, donde o Atlántico foi superior todo o partido.

Toca remar con toda a forza posible!

CAD. FEMININO 2ª DIV.

Bm Culleredo Rafergal 26-18 Rasoeiro Bm Conservas Isabel

Partido aplazado nada fácil, no que as nosas ían sempre por diante no marcador pese a un baixón defensivo na segunda metade.

Bm Culleredo Rafergal 27-9 Bm Seis do Nadal-Coia

Partido sinxelo de principio a fin, que nos daban outros 2 puntos no segundo partido da fin de semana.

CAD. MASC. 2ª DIV.

Culleredo Serye Ingenieros 32-21 Abegondo Casa Torreiro

Partido pelexado dende o principio ata o final, excelente defensa e moita fluidez en ataque.

CAD. MASC. D.H.

Bm Culleredo Indutec 30-22 SAR

Bo partido dos nosos rapaces, no que levaron a iniciativa do xogo e o mando no marcador durante todo o partido.

XUVENIL D.H.

Técnicos 115 Culleredo 25-25 SAR

Empate dos nosos que sabe a pouco despois dun partido moi completo, no que fomos superiores ata o tramo final, no que os locais conseguían remontar.

SENIOR

Bm Culleredo 28-32 E.D. Poio

Derrota ante un rival que foi superior a nós é que por ahora foi o primeiro rival que consegueu puntuar en Almeiras.

Bm Culleredo 35-25 Club Balonmán Galipizza Viveiro

Victoria fácil basada na defensa e a rápida saída ao contraataque.

Esta semana visitamos ao patrocinador que lle da nome ao noso equipo infantil masculino de división de honra, Sutenor, unha empresa dedicada ao suministro industrial en xeral. A continuación, deixámosvos cunhas pequenas preguntas que nos responderon na nosa visita, para que poidades coñecelos un pouquiño máis.

a) ¿Cal é a historia da empresa?

Somos un grupo de compañeiros que creou esta empresa no ano 2012, para poder ir crecendo pouco a pouco.

b) ¿Que é o que máis vos gusta do voso traballo? 

Gústanos que cada día sexa diferente, sin ser nunca monótono, posto que dependemos completamente do que poidan necesitalos clientes en cada momento. O noso traballo consiste na venta de suministros industriales, polo que buscamos a forma de axudar aos nosos clientes coas súas necesidades.

c) ¿De que estades máis orgullosos?

Sin dúbida, do equipo de traballo que creamos. Somos poucos, pero facemos o traballo en cadea e en equipo, donde cada un complementa o traballo do outro. Somos ademáis dun equipo de traballo, unha pequena familia.

d) ¿Que semellanzas ten o voso traballo co balonmán?

O maior parecido co balonmán, pode ser que é necesaria a colaboración e o traballo en equipo para que poidan saír ben as cousas.

e) ¿Por que escollíchedes o Balonmán Culleredo?

Porque o coñecemos a través dunha das traballadoras da empresa e nos gustan os seus valores, a súa forma de traballar e de implicarse nos nenos e os maiores. Non solo enseñan a xogar a balonmán, enseñan valores importantes aos nenos, como o compañeirismo e a amizade.

f) ¿Que valores vos transmite o deporte?

O deporte, ademáis de ser bo para a saude, sirve para fomentar valores como o compañeirismo, o xogo limpo, esforzo, solidaridade…

g) ¿Que valores ten a vosa empresa? 

Os valores da empresa van nunha liña similar aos do deporte. Requírese esforzo persoal para lograr os éxitos de equipo e que a empresa sempre vaia a mellor. Ademáis, como non, requírese moito compañeirismo para poder sacalo traballo de a diario adiante.

BIBERÓN E PREBENXAMÍN:
Xornada para os máis pequenos, na que todos o pasaron en grande e disfrutaron xogando ao balonmán con nenos e nenas de toda a provincia!

BENXAMÍN:
Xornada para os nosos nenos e nenas que unha xornada máis nos demostraron que o futuro ven pisando forte.

ALEVÍN BM5:
Moi bos partidos dos nosos alevíns de primeiro ano, que siguen crecendo como xogadores!

ALEVÍN BM7:
Bm Culleredo Canedo 9-7 Gas Abegondo
Bo partido nas nosas nenas alevíns que non deixan de crecer!
Abegondo Todo Deporte 10-6 Bm Culleredo Remax Riazor
Malos primeiros dous cuartos dos nosos, que tardaban en meterse en partido!

INF. FEM 2 DIV:
Rodespi Bm Cañiza 19-16 Bm Culleredo Fisioterapia Benestar
A pesares de ter o control do partido e coller unha pequena ventaxa non foi suficiente para aguntar o marcador ata o final.

INF. MASC. 2 DIV:
Bm Culleredo ConstruPereiro 22-31 Abegondo F40
Partido moi irregular, mostrando o mellor xogo da temporada durante 30 minutos, pero con 20 minutos cargados de despistes! Toca correxir erros e seguir!

INF. MASC. DIV. HONRA:
Bm Culleredo 25-26 Bm Luceros
Partido moi competido, pero na última fase do encontro o equipo visitante levouse a victoria.

CAD. FEM. 2 DIV:
Serfis Caixabank Bm Cañiza 23-23 Bm Culleredo Rafergal
A pesar dunha primeira parte para olvidar cunha desventaxa de ata 6 goles, na segunda parte conseguíase empatalo partido.

CAD. MASC. 2 DIV:
Poio 19-37 Bm Culleredo Serye Ingenieros
Partido fácil para os nosos cadetes que nos serve para continuar coa racha ganadora!

CAD. MASC. DIV. HONRA:
Bm Culleredo 21-32 Bm Luceros
A pesar do noso gran traballo defensivo, non puidemos lograla victoria.

XUV. MASC. DIV. HONRA:
Bm Culleredo Técnicos 115 18-29 Luceros
Partido moi complicado para os nosos xuvenís, que o deron todo para intentar competirlle a un moi bo Luceros!

SENIOR MASCULINO:
Calmear Rasoeiro Bm 35-27 Bm Culleredo
Partido máis desputado do que reflexa o marcador, pero no que non fomos quen de dalo noso mellor nivel.

Hoxe traémosvos unha nova sección ás nosas redes sociais, unha sección na que repasaremos a historia do noso clube. Tamén coñeceremos a certas persoas que pertencen ou pertenceron ao noso clube e que son un exemplo para todos os nosos deportistas! Hoxe vamos a comezar con unha persoa que forma parte dese grupo, "un dos nosos", Xosé Canedo Rey, que nos fai un pequeno resumo da súa traxectoria dende os seus comezos en Culleredo, ata o seu presente na zona sur de Galicia e pasando pola élite do balonmán español.

EL BALONMANO, “MI VIDA”

Todo empezó por el año 1993, cuando con 6 añitos entré en el cole de Tarrío. 

Como muchos otros niños y niñas, siguiendo los pasos de mis hermanos me apunté a jugar a fútbol y a balonmano. 

Así empezó todo, en el gimnasio del cole, entrenando en los recreos de por la mañana, en los del medio día y al salir del cole con el gran maestro José Manuel, que fue el artífice de acercar el balonmano a un pueblito como Tarrío.

Una vez que terminamos en el colegio (12 años) nos fuimos para el instituto. Los dos primeros años, cambiamos de nombre de equipo “pasamos de Grupo Mar a Balonmanópolis” por cosas que nosotros no entendíamos, pero seguíamos siendo los mismos compañeros. Ya en la categoría cadete (14), por desgracia quedábamos pocos para formar un equipo completo, y también siguiendo los pasos de mi hermano Anxo, 3 compañeros nos desplazamos hacia Carballo, donde comenzó mi andadura por el “EXTRANJERO” haciendo grandes amistades allá por donde pasaba. Muchos kilómetros recorridos y horas en la carretera nos carretaron mis padres!!

Llegó la etapa juvenil (17 años) y una decisión difícil.  Marchábamos para jugar al Academia Octavio de Vigo, un referente por aquel entonces del balonmano Gallego y Nacional. 

Con ello quedaba atrás el fútbol, cambio de ciudad, de colegio, aunque nunca de amigos. Esos que iba haciendo en cada sitio, se quedaban para no marchar.

Y por unos motivos o por otros, fui recorriendo muchos equipos de la zona de Pontevedra y de Coruña, mientras lo compaginaba con mis estudios (mi otra gran pasión, poder llegar a ser profesor de educación física). Así pasaron Carballal, Porriño, Cisne, Oar, Camariñas… Y un día, ya comenzada la temporada, recibí la llamada para irme un poquito mas lejos, para jugar en el SinFin (Santander). Allí estuve 3 años y cumplí mi sueño desde pequeñito de poder jugar en la Liga Asobal. 

Y otra vez de regreso a Galicia, donde pude cumplir al año siguiente mi otro gran sueño, aprobar las oposiciones de educación y convertirme en profesor de educación física.

Por aquel entonces, ya andábamos con las redes sociales y escribí la siguiente publicación (una frase para cada equipo por el que había pasado).

Lo que te da el balonmano, nadie te lo quita!! Lo mejor de todo que guardo amistades de todos y cada uno de los equipos (jugadores, entrenadores, directiva, afición)

  • Balonman Culleredo contigo empezó todo, y esperemos que termine 😉 
  • balonmanópolis José Manuel Fernández Rouco, solo una palabra GRACIAS
  • Balonman Xiria "el balonmano son 4 cosas" #campeones gallegos
  • octavio "nos vamos de casa para aprender de los mejores"
  • carballal "AMIGOS" primer ascenso!! 
  • porriño debut en primera nacional "MESA QUE MAS APLAUDA"
  • cisne PASADO-PRESENTE-FUTURO
  • Oar Ciudad vuelta a casa!!! 
  • camariñas EL SUEÑO DE UN PUEBLO.  Segundo ascenso!! 
  • sinfin UN SUEÑO CUMPLIDO! Debut división de honor plata y ASCENSO LIGA ASOBAL.
  • galicia "MI TIERRA, MI HOGAR"

A todos y cada uno de los que formasteis parte de esto... GRACIAS

Ahora mi “carrera deportiva” ya era secundaria, y pasaba a depender de mi carrera profesional. 

Gracias a ella, pude volver a jugar con el Culleredo, a compartir vestuario con mi hermano, con mis amigos y con mi familia.

Mientras pasaba todo esto, no dejaba de lado otra locura más, “ser entrenador de balonmano” así que allá por donde iba, intentaba entrenar a algún equipillo de niños y a formarme para ello (pero esa es otra historia)

Un par de añitos más, para jugar en “Ribadavia” con mis antiguos compañeros del Octavio y este año en La Cañiza.

Como en esa primera foto de pequeñitos (4 de mis compañeros siguen siendo mis mejores amigos) en cada “puerto” por el que pasaba, me quedaba con amistades que me duraron siempre!  

Por ello vuelvo a repetir aquella frase: 

Lo que te da el balonmano, nadie te lo quita!!

#ForzaCulle #UnDosNosos