Saltar ao contido

Resumo da fin de semana

BIBERÓN E PREBENXAMÍN

Nova xornada de competición d@s nos@s pequen@s! De novo se xuntaban con equipos de toda a provincia para seguir dando pasiños no seu avance como deportistas, divertíndose co deporte que máis lles gusta!

ALEVÍN BM7

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Culleredo Enerxíasolar.com

Partido de liga entre os nosos equipos masculinos de primeiro e segundo ano, no que ambos equipos competiron moi ben, ofrecendo un gran partido!

Bm Culleredo Canedo 8-6 Bm Xallas FC

Bo partido das nosas nenas alevíns que mostraron unha gran claridade en ataque.

INF. FEM 2ª DIV.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 11-19 Seis do Nadal-Coia

Fumos por detrás no marcador durante todo o partido. Erros defensivos moi claros de malas vasculacións. A actuación da gardameta rival tampouco nos puxo as cousas fáciles, o que facía que nos desmotivásemos máis.

INF. MASC. 2ª DIV.

Bm Culleredo Construpereiro 26-25 CP Lucense

Moi bo partido dos nosos, competindo en todo momento e aportando todos para o equipo. Destacar a loita ata o último segundo dos nosos que a falta de 2 minutos iban perdendo de 2 e tras un tempo morto foron quen de remontalo partido!

INF. MASC. D.H.

Bm Culleredo Sutenor 26-34 Bm Atlántico

Mal partido dos nosos, donde o Atlántico foi superior todo o partido.

Toca remar con toda a forza posible!

CAD. FEMININO 2ª DIV.

Bm Culleredo Rafergal 26-18 Rasoeiro Bm Conservas Isabel

Partido aplazado nada fácil, no que as nosas ían sempre por diante no marcador pese a un baixón defensivo na segunda metade.

Bm Culleredo Rafergal 27-9 Bm Seis do Nadal-Coia

Partido sinxelo de principio a fin, que nos daban outros 2 puntos no segundo partido da fin de semana.

CAD. MASC. 2ª DIV.

Culleredo Serye Ingenieros 32-21 Abegondo Casa Torreiro

Partido pelexado dende o principio ata o final, excelente defensa e moita fluidez en ataque.

CAD. MASC. D.H.

Bm Culleredo Indutec 30-22 SAR

Bo partido dos nosos rapaces, no que levaron a iniciativa do xogo e o mando no marcador durante todo o partido.

XUVENIL D.H.

Técnicos 115 Culleredo 25-25 SAR

Empate dos nosos que sabe a pouco despois dun partido moi completo, no que fomos superiores ata o tramo final, no que os locais conseguían remontar.

SENIOR

Bm Culleredo 28-32 E.D. Poio

Derrota ante un rival que foi superior a nós é que por ahora foi o primeiro rival que consegueu puntuar en Almeiras.

Bm Culleredo 35-25 Club Balonmán Galipizza Viveiro

Victoria fácil basada na defensa e a rápida saída ao contraataque.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *