Saltar ao contido

CESA CANTABRIA 2020

Coa aínda recente finalización do CESA2020 esta semana, temos xa a todos os integrantes das seleccións galegas de volta cos seus clubes. Seleccións galegas, nas que nesta ocasión participaron ata 4 dos nosos rapaces nas categorías infantil e cadete masculina, recibindo desta forma un premio ao gran traballo que están a facer cos seus respectivos equipos no clube.
Na categoría infantil masculina participou Samuel Seijas, infantil de primeiro ano do Culleredo Sutenor. Foi un duro campeonato para os minigalaicos, no que foron de menos a máis no torneo, conseguindo pasar a cuartos de final e finalizando 8 de España. Destacala progresiva participación de Samuel en minutos de xogo no campeonato, que sigue crecendo como xogador!
Na categoría cadete masculina participaron Jorge López, Nuno Loxo e Mateo Díaz, xogadores do Culleredo Indutec. Campeonato moi intenso e ilusionante dos cadetes, que daban a sorpresa dende o primeiro día gañándolle a Cataluña e pasando de forma clara a cuartos de final. Seguiron avanzando ata semifinais, donde non foron quen de ganarlle a unha moi sólida Navarra e xa na loita polo 3 e 4 posto, víronse superados por unha fantástica selección madrileña. Moi bo campeonato dos nosos que sumaron moitos e moi bos minutos, demostrando o seu bo facer!

ForzaCulle #SomosGalicia #ACoraxeGalega

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *