Saltar ao contido

IV TORNEO SOLIDARIO DE NADAL-FOTO OFICIAL

O vindeiro Sábado 21 de decembro celebraremos no pavillón municipal de Tarrío o noso xa tradicional Torneo Solidario de Nadal REMAX RIAZOR, no que rapac@s dende os 4 ate os 14 anos disfrutarán dunha xornada festiva practicando o deporte que máis lles gusta. Comezará a mañá cos partidos oficiais de liga BM5 benxamín e alevín, ademais de os amigables biberón e prebenxamín no que rapaces que comezaron nesta tempada no clube demostrarán o ben que o fan. Xa ao mediodía teremos partidos da liga alevín BM7 mais unha sorpresa de xuntanza para a categoría infantil. Contra as 17:00h realizarase a FOTO OFICIAL da tempada 2019-2020, a que están convocados os 260 xogadores, adestradores e delegados do clube, coma antesala do partido ligueiro senior masculino de primeira división autonómica. Como remate da xornada disputarase o Torneo Interparroquial no que os xogadores veteráns lembrarán vellos tempos. Agardamos encher de novo o pavillón máis grande do Concello coma fixemos na final da liga 2018-2019, ao que acudiron máis de 700 afeccionados. Pedimos a tódolos asistentes que se acheguen a Tarrío portando productos de hixiene ou alimentos non perecedeiros que serán distribuídos por Cáritas na bisbarra. #ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *