Saltar ao contido

O Clube Balonmán Culleredo, elexido para representar ao deporte Cullerdense

O pasado martes 10 de Decembro o clube Balonman Culleredo foi elexido xunto ao clube Náutico Ría de O Burgo e ao Centro Social de Castro-Laxe para representar as asociacions Cullerdenses no Consello Sectorial de Política Social, Xuventude, Deporte, Cultura e Desenvolvemento Local.

Nesta lexislatura son dous os Consellos Sectoriais de participación cidadá que decidirán en qué se invirte parte do presuposto municipal. Na reunión para formar o Consello Sectorial que concerne ao clube, no cal podían participar ate 70 asociacions do Concello de Culleredo, votouse que as tres asociacions mencionadas foran a que representasen a todas elas no Consello de participación cidadá, formado ademais por outros tres representantes do outro Consello Sectorial (Facenda, Educación, Medio Rural, Obras e Seguridade Cidadá), dous representantes de asociaciones veciñais do Concello e mais un membro de cada un dos partidos politicos do goberno local.

É unha moi boa nova que pon de manifesto o peso social do clube entre a cidadanía Cullerdense que confía a súa representación no mesmo.
De seguro que entre todos poderemos participar dos presupostos do Concello dun xeito máis activo.
Queremos ademais de agradecer o apoio recibido tender a man a tódalas asociacions e clubes deportivos de Culleredo para que nos transmitan as súas inquedanzas para poder refrendalas en dito Consello Sectorial.
Un saudo,
Clube Deportivo Balonmán Culleredo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *