Saltar ao contido

BALONMÁN CULLEREDO EN NEGRO.

É o día 25 o día internacional contra a violencia de xénero e, ainda que no clube Balonmán Culleredo traballamos tódolos días do ano en contra de calqueira tipo de violencia, en especial as sexistas, sumámonos ao manifesto "ennegrocontraasviolencias" ( https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/adhesion). VOS TAMÉN PODEDES SUMARVOS.

O noso traballo diario cumpre para nos perfectamente o lema deste significativo día neste ano 2019 - “ A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo: cambiémolo educando en igualdade”.

Por todo isto, durante todo o ano o noso logotipo tínguese de negro,tentando acadar deste xeito un alto impacto en tódolos nosos socios e afeccionados. Ademáis, tódolos anos celebramos o 17 de Maio o noso torneo exclusivamente femenino, tratando de reforzar a participación femenina no clube (xa de por sí numerosa).

Non debemos esquecer neste día que 1027 Mulleres foron asasinadas ate o día de hoxe dende o ano 2003 (ano no que comezan a recollerse estadísticamente estes dados), 51 no propio 2019, sendo conscientes que a millor loita contra esta lacra e a EDUCACIÓN, na cal tomamos parte activamente en tódolos nosos eidos.

Nesta fin de semana os equipos do clube Balonmán Culleredo xogaran de negro, coma pequena homenaxe en lembranza de tódalas víctimas da violencia de xénero.

#EnNegroContraAsViolencias2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *