Saltar ao contido

O Culleredo disputará a liga de División de Honra xuvenil esta tempada.

Unha vez finalizada a derradeira xornada do Play-Off de ascenso, O Culleredo Técnicos 115 remata como campión do seu grupo, o que lle outorga unha das codiciadas prazas para militar na División de Honra xuvenil esta mesma tempada, logo de eliminar ao Cangas e ao Lucus. Deste xeito, o noso club culmina a progresión dos últimos anos conseguindo ter aos equipos de todas as categorías masculinas competindo na máxima división galega. Un privilexio que só compartimos cos mellores clubes de Galicia, e unicamente co Xiria carballés no que respecta a entidades de fora da provincia de Pontevedra.

Excelente noticia para toda a familia cullerdense. En só dúas semanas, arrancará unha liga que será difícil, pero ilusionante para todos os nosos equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *