Saltar ao contido

O Infantil Masculino cae na semifinal de Copa

Infantil masculino División de Honra. Semifinal de copa: Porriño 30 - Culleredo Sutenor 27. Derrota dos nosos rapaces no primeiro enfrontamento desta final a catro que se está a disputar en Ponteareas, que nos deixa fora da final desta competición. O noso equipo comezou o encontro mandando no campo e no marcador, como nos ten acostumbrados. Un pouco máis atascado en ataque do que é habitual, pero mantendo o control grazas a efectividade da defensa e da portería. Co paso dos minutos, consolidábase esta tendencia, sempre por diante no marcador, chegando a estar ata cinco tantos por riba dos porriñáns (no descanso, vantaxe de 2 para o Culle). Pero mediada a segunda parte, o cansancio empezou a notarse, e sobre todo en defensa, apareceron os erros, e o Porriño, máis enteiro, conseguía darlle a volta ao marcador, rematando o enfrontamento cun Culle totalmente abatido intentando á desesperada non entregar o partido.
Remata así a tempada para este equipo, que comezou na segunda semana de agosto preparando o Play-Off de ascenso, e na que conseguíu de maneira brillante proclamarse campión de liga e clasificarse por vez primeira no club para o Campionato de España. Unha tempada moi longa, moi dura, pero que foi absolutamente brillante, e por riba de todo, ilusionante, tanto para estes rapaces como para todo o club. Agora, merecidas vacacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *