Saltar ao contido

O BM Culleredo Subcampión Galego Alevín e terceiro Galego Benxamín

Intenso sábado en Lalín para as categorías base do Balonmán Culleredo. Desprazábanse a vila pontevedresa os Cullerdenses coma campións provinciais Alevín e Benxamín.

En categoría benxamín o BM CULLEREDO O Burgo comezou gañando ao representante de Ourense BM Pabellón por 6 puntos a 2 nun sensacional partido. O seguinte enfrontamento mediunos contra o futuro campión galego, o CB Lucence, partido no que os cullerdenses sucumbían por 8 puntos a 0. No terceiro enfrontamento do día tamén os cullerdenses perdían contra o BM Lalín, partido no que notaron o cansancio acumulado ao longo do día. Bos resultados aínda así para os benxamíns do Culle que, formado por nenos e nenas de 2º, 3º e 4º de primaria.

En categoría alevín o día comezaba moi ben para o BM CULLEREDO. Superaban ao Carballiño, representante de Ourense por un claro 8-0 a puntos e logo de comer medíanse as forzas fronte ao CB Lucense, con resultado tamén 8-0 a favor dos cullerdenses nun partido no que se despregou un gran xogo. Partíase cara o partido fronte ao BM Cisne de Pontevedra con unha ventaxa de dous puntos que os pontevedreses perderan fronte aos ourensans, máis o culle non despregou un gran xogo e non atinou fronte a un gran porteiro rival. Perdían o primeiro tempo por 7 goles a 5, o segundo por 6-5 e o terceiro por 5-4. No derradeiro período o culle gañou 4-8, conseguindo desta maneira empatar o encontro a goles, pero perdendoo a puntos por 6-2, quedando na clasificación final o BM Cisne con 20 puntos e o BM Culleredo con 18. Non foi un gran partido dos cullerdenses logo de unha tempada magnífica, e o rival amosou un bo xogo colectivo que a postre deulle o campionato Galego alevín.

Boa xornada en Lalín da base do Culleredo, representando a provincia de A Coruña como campións e facéndose oco entre grandes clubes de Galicia, amosando o gran nivel nas súas escolas xunto ao campionato galego en categoría Infantil masculina recentemente acadado.

A expedición a Lalin do BM Culleredo representando a provincia de A Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *