Saltar ao contido

O BM CULLEREDO Campión Provincial BENXAMÍN

Nesta intensa fin de semana, además de ter o noso equipo infantil masculino de división de honra representando a Galicia no Cpto de España, andivemos moitos de nos en Camariñas, pois alí celebráronse os cptos provinciais Alevín BM5 e Benxamín BM5 e a fase final a 4 da competición de 2ª division infantil femenina.

A categoría infantil femenina comezou xa venres, e as nosas nenas do equipo Culleredo-Abegondo quedaron cuartas de Galicia na súa categoría. Un bo resultado para un grupo que ainda se está a formar.

O sábado na categoría Alevín BM5 os dous equipos representantes do BM Culleredo non puideron dalo todo, mais fixeron unha digna representación tendo en conta que todos eles son de primeiro ano e enfrontáronse a nenos da súa idade e con un ano máis.

E o dómingo os Benxamíns do Tarrío e de O Burgo fixeron un papel formidable. Pasou o Tarrío a semifinais, e o paso a gran final escapouselle por golaverage logo de empatar co Colexio Liceo a 4 puntos. Finalmente quedou cuarto clasificado da provincia.
O BM Culleredo O Burgo benxamín pasou a final logo de derrotar ao Abegondo na semifinal, e quedou finalmente CAMPIÓN PROVINCIAL BENXAMÍN.
Foi unha grande festa a vivida en Camariñas nesta fin de semana.

O vindeiro sábado 1 disputarase en Lalín o campionato galego benxamín BM5 (co Culleredo O Burgo) e o campionato galego alevín BM7 (co Culleredo Tarrío). Alí medirémonos aos campións das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, máis o éxito xa está acadado. O só chegar aqui xa é tremendamente meritorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *