O clube Balonmán Culleredo comeza a súa campaña de captación enfocada especialmente a sección femenina.
O clube Balonmán Culleredo, clube do Concello pioneiro na creación dunha sección femenina, colle pulo neste intre e, para a tempada que ven, sacará a competir equipo sénior femenino con rapazas saídas das escolas do clube.
Tódalas rapazas teñen cabida no Culle, dende os 4 anos ate adultos, polo que agora é un bo momento para unirte.
Ofrecémosche diversión e deportividade a tope, e xa para as rapazas en idade xuvenil a posibilidade de entrenar e ser convocadas co equipo sénior femenino.
Non o dubides. Únete ao clube.
*Durante o resto desta tempada a asistencia a adestramentos será gratuíta para as novas incorporacions.