Saltar ao contido

IV TORNEO FEMENINO BALONMÁN CULLEREDO

O vindeiro venres 17 de Maio, día das letras galegas, celebraremos o noso xa tradicional torneo de balonman femenino, un día na que as protagonistas son as mulleres do clube. Nesta cuarta edición, xa a cuarta, serán case 200 xogadoras do Arteixo Balonman, BM Brigantium, BM Ribadosar, BM Xallas e do propio Balonmán Culleredo as que gozarán do seu día adicado ao balonmán.

O clube Balonmán Culleredo quere mediante este evento anual por de manifesto que, a pesares das dificultades da práctica do Balonmán Femenino debido ao alto coste económico (menor número de equipos conlevan desprazamentos máis longos), en Culleredo as mulleres e rapazas son unha parte moi importante do clube e loitan coma espartanas para poder practicar o deporte que máis lles gusta.

Agardamoste no pavillon Municipal de O Burgo este venres 17.

Unha aperta.

BM Culleredo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *