Saltar ao contido

Andebolmania 2019

Os nosos infantís xa están de volta despois de disputar o torneo de Andebolmania en Sao Joao da Madeira (Portugal). Alí competimos cos dous equipos masculinos. O de Div. de Honra acadou a medalla de bronce, perdendo unicamente a semifinal por un só tanto de diferencia encaixado no último segundo, e xogando todos os partidos a un altísimo nivel. Para eles este torneo foi unha boa oportunidade para preparar o campionato de España, no que participarán no vindeiro mes de maio.

O segundo equipo, cos nosos infantís de primeiro ano, acudía para adquirir experiencia competitiva. Trátase dun grupo con xogadores menos experimentados, e un torneo como este serviulles para ir conseguindo esa veteranía. Malia que o equipo non clasificou entre os mellores, fixo un bo papel, e conseguiu unha importante experiencia.

Foi, ademais, unha semana de convivencia e experiencias tamén fora do balonmán, convivindo con xogadores de 130 equipos de oito países diferentes, incluídos os do noso club irmán, o Arteixo Balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *