Saltar al contenido

O equipo Infantil Masculino proclámase campión da liga de División de Honra

Bm Cisne 17- Bm Culleredo 20.
Penúltima xornada do campeonato e partido transcendental para proclamarse campión de liga para os dous equipos.
Nos primeiros minutos o Culle xa mandaba no marcador pero unha serie de erros en ataque aproveitabao o Cisne para darlle a volta o marcador a base de contrataques.
No ataque estàtico o Cisne tiña moitas complicacións , todo marcado pola boa defensa do Culle.
Gracias a isto e a boas situacións gañadas no ataque devolvían a ventaxa a favor do equipo visitante.
Na segunda metade , case a mesma dinàmica de partido, agàs os contrataques dos locais que esta vez gracias o repliegue defensivo no eran efectivos.
Con isto e a solidez defensiva é o extraordinario rendemento do porteiro Ivan facian que nos distanciasemos no marcador con diferencias de 4-5 goles.
Moi boa actuación do noso central Nuno que foi decisivo tanto marcando diferentes procedementos e collendo galóns nos momentos que o equipo o necesitaba.
Enorme partido de todos , enorme tempada de todos . Hoxe podemos recollelo fruto de tanto traballo, esforzo, e ilusión que fumos compartindo todo o ano . .
SOMOS CAMPIÓNS GALEGOS !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *