Saltar al contenido

Marco García, convocado Pola Federación Española de Balonmán

Marco García de Castro, xogador do clube Balonman Culleredo, convocado para as xornadas de Tecnificación Deportiva da Federación Española de Balonmán.

De ledicia andamos no Balonman Culleredo por mor da convocatoria do noso xogador Marco García para as xornadas de Tecnificación deportiva que a federación Española de Balonmán organiza no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada entre os vindeiros 13 e 20 de febreiro de 2019. Alá estarán 70 rapaces nados nos anos 2003 e 2004. Será Marco o único representante da provincia de A Coruña e un dos cinco representantes galegos.

Dende o clube Balonmán Culleredo vese está convocatoria como un premio a laboura que se desenvolve no clube na formación se xogadores de base. Parabens ao este xogador nado no Balonmán Culleredo.


A historia de Marco.

Foi na tempada 2013/14 cando un rapaz espigado e disperso comezaba a adestrar, no pavillon de Vilaboa (Culleredo). A tempada anterior a rotura do antebrazo impedira o seu comezo no balonmán. Era tempo de moitisima ilusión, moito traballo e esforzo, pero compensado con creces. Había un grupo de rapaces, agora xa cadetes de segundo ano, que o daban todo na pista. TODOS continúan dende aquela no Balonmán Culleredo.

Dende aquela pasaron moitísimos adestramentos, moitos choros e alegrías, moitísimos compañeirismo. Esta era a primeira xeración do novo Balonmán Culleredo, logo de sobrevivir durante anos con somente o equipo senior. Sendo alevins coñeceron Marco e os seus compañeiros os torneos internacionais de balonman-Andebolmania en Portugal, repetimos Andebolmania, San Steve de Sesrovires (Cataluña), Nazaré Cup (Portugal) e a tempada pasada EUROFEST (Eslovenia). Todo esto só pode organizarse con un grupo cheo de traballo e ilusión.

No aspecto ligueiro Marco era parte desta primeira xeración da nova era, a xeración ascensora: ascenso a División se Honra Infantil, en Cadete e ... agardemos que para a próxima tempada xuvenil. Tocoulle sufrir, ser referente para os rapaces máis cativos do clube, participando as veces como adestrador dos peques da casa...

Nesta tempada tivo o premio merecido de ser convocado coa selección Galega Cadete, e agora un premio extra, convocado para a xornadas de Tecnificación deportiva da Federación Española se Balonman da súa xeración. Son 70 rapaces, 5 deles galegos, e Marco é un deles. Nestes 70 rapaces está o futuro do Balonman Español, alguns deles formarán parte da selección Española, o nível máis alto ao que se pode chegar nestas idades. Marco é TOP, que din agora os da súa idade.Parabens Marco por este premio merecido. Da o máximo, aprende e desfruta no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada esa semana de febreiro. Representas a tódolos teus compañeiros, eses cos que tantos logros conseguiches (e continuas a conseguir). Por moitos anos.

Clube Balonmán Culleredo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *