Saltar ao contido

Parten cara a Valladolid os cullerdenses que representarán a Galicia.

Os nosos catro xogadores seleccionados para disputar o Campionato de España de seleccións autonómicas, están xa de camiño a Valladolid. Alí competirán desde mañá e ata o próximo día 7 defendendo a Galicia. Moita sorte para todos eles, Nuno, Marcelo, Senén e Marco, que levarán o nome do Balonmán Culleredo a nivel nacional.
Poderemos seguir todos as súas evolucións a través da emisión en streaming oficial (cesa2019.es).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *