Saltar ao contido

O Culleredo Alevín, gaña o Torneo Globalmar de Vigo

O clube Balonmán Culleredo Campion do máis pretixioso torneo Alevín da Galicia, o Globalmar Cidade de Vigo.
Os pasados 27 e 28 de decembro os equipos representantes do clube Balonman Culleredo no III Torneo Globalmar Cidade de Vigo tiveron un papel destacado. Acudiu o balonmán Culleredo con dous equipos de categoría alevín mixta ao torneo vigués, referente da categoría a nivel galego, para convivir e enfrontarse a históricos coma o BM Cangas, Cisne de Pontevedra, BM Bueu, BM Carballal..., no que asemella a ser un campionato galego de Nadal. Os Cullerdenses tiveron un papel destacado, quedando un dos equipos as portas de entrar na fase de cuartos de final por un gol de diferencia e o outro equipo quedando campión do Torneo. Non llo puxeron nada fácil os rivais ao BM Culleredo Tarrio, gañador final. Superaban os rapaces ao Cisne de Pontevedra pola mínima en cuartos de final (16-15), e logo sempre seguindo unha progresión ascendente gañaron en semifinais ao BM Bueu (30-22) e na final ao equipo que lidera a competición na provincia de Pontevedra, o BM Cangas (24-18).A convivencia e organización no pavillon da AD Carballal foi digna dun campionato nacional, na que os rapaces foron os máximos protagonistas nos tres días de torneo. De seguro que o futuro campión galego sairá dun dos participantes neste torneo testador do nivel do balonman galego.

O clube Balonman Culleredo xa é referente da base en Galicia.
Xa a nivel particular, no Balonman Culleredo vívense neste intre momentos gloriosos, tanto polo gran número de licencias (camiño das 240 nesta tempada) coma da calidade amosada. Ademáis da xa comentada excelsa xeración alevín (tanto en número, con 43 licencias, coma en calidade), na categoría infantil masculina o equipo Cullerdense lidera a clasificación galega con pleno de victorias, e xa comeza a preparar o campionato nacional. Ademáis, o equipo sénior masculino lidera tamen a liga de primeira división autonómica, logo de quedar nas derradeiras duas tempadas de terceiro clasificado e en concreto a tempada pasada tamén campion galego da copa.
Estes triunfos vívense no Balonman Culleredo coma un obxectivo cumplido de calidade máxima logo do xa logrado obxectivo de cantidade de rapaces xogando ao Balonmán en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *