Saltar ao contido

Xuvenil Masculino (2ª Div.)

BM Lucus 24 - Culleredo Café Mafari 29.
Importante vitoria a conseguida polos nosos xuvenís en terras lucenses, que nos permite seguir no alto da clasificación e aspirando a todo. Presentabámonos ao partido coa baixa do sempre determinante Diego Vega, ao que lle tocaba nesta ocasión defender a camiseta do equipo sénior. Aínda así, os nosos rapaces fixeron un partido moi serio durante os 60 minutos, e xa na primeira parte levaron a iniciativa no xogo e no marcador, no que sempre estiveron por diante. A defensa funcionaba ben, a portería tamén, e aínda que conseguir anotar era un pouco máis complicado, foron quen de facelo mellor que os lucenses. Nesta faceta destacou hoxe un extraordinario Álex López, que era quen de romper unha e outra vez a defensa local con rápidas penetracións. Ao descanso, 11-15 no marcador. Na segunda metade, os intentos dos lucenses por cambiar o panorama non tiñan éxito, e o Culle chegou a ter rendas de ata 8 goles. Ao final, administrando o tempo e o marcador, vantaxe de 5 tantos e sen pasar apuros. Gran traballo de todo o equipo que rubricou un partido redondo. Seguimos medrando!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *