Saltar ao contido

Resumo da fin de semana!

(SM) BALONMÁN CULLEREDO – BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA

Unha primeira parte onde o equipo defendeu ben, pero os erros en tiros claros e pases perdidos non permitiron distanciarnos no marcador. O equipo camariñán puxo as cousas difíciles nos primeiros 30 minutos e non nos deixou despegar no marcador.

Tras o descanso, o equipo cullerdense axustou a defensa e aumentou a velocidade nas transicións para conseguir goles fáciles e poñer 10 goles antes de chegar ao ecuador da 2a parte. O equipo non baixou a intensidade nin sequera coa gran diferenza reflectida no marcador e continuou intenso en defensa e rápido nas transicións.Os camariñáns nunca baixaron os brazos e continuaron loitando ata o asubío final.

Bo partido para todo o equipo, onde cabe destacar o debut de 2 dos nosos xogadores xuvenís, Martín e Guille.

Balonmán Culleredo: (16+18) Choupi, Javi (2), Casal (8), Franco (7), Adrián (1), Jorge, Chos (4), Martín (1), Guillermo, Álvaro, Ferreiro (4), Alex, Diego (3), Dario (2), Aresi (2).

Balonman Camariñas Conservas Boya: (14 + 8): Daniel, Cibran (2), Eusebio (5), Anxo (5), Cesar (1), Cristián, Fabio (1), Bieito, Manuel (3), Abel, Xabier (5).

Parciales cada 5 minutos: 3-2 / 6-5 / 9-7 / 12-9 / 14-10 / 16-14 / 20-15 / 25-17 / 27-17 / 31-18 / 34-20 / 34-22.

Árbitros: Pablo Barreiro y Christian Garcia. Solventaron o encontro sen apenas dificultades, partido cómodo para os colexiados

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL – BM LÍNEA 21 SANTA COMBA

O BM CULLEREDO RAFERGAL CAE ANTE O BM LÍNEA 21 SANTA COMBA!

O equipo xuvenil feminino de Culleredo, o BM. Culleredo Rafergal, cedeu os dous puntos en xogo ante o BM Línea 21 Santa Comba nun duelo que foi sempre dominado polas visitantes.

As xogadoras rojillas comezaron ben o envite, pero a medida que foron transcorrendo os minutos, o equipo foise diluíndo, bloqueado por un máis que evidente exceso de tensión e incorrendo en demasiadas perdas de balón que daban excesivas facilidades ao rival. A pesar de todo, o marcador de 11-14 ao descanso deixaba todo por decidir no segundo acto.

Na segunda parte, as cullerdenses volvían ao 40x20 con ánimos renovados e parecía que neses primeiros minutos a concentración era mellor, o equipo poñía un maior sentido colectivo no xogo e maior intensidade na retagarda. Foron escasos dez minutos, porque o equipo foi perdendo fol e volvería acumular demasiadas perdas de balón no meridiano deste tempo, un feito que provocou o despegamento definitivo das visitantes que conseguía un parcial de 6-11 neste tempo.

Derrota que en nada debe embazar o esforzo e o traballo semanal destas nenas e que á lara terá a súa máis que merecida recompensa.

BM.Culleredo Rafergal: 23 (11+12). Diana (p), Marina, Aitana, Adriana, Carla Bello (1), Irene Bermúdez (2), Anheliz (1), Lucía Ponte (2), Paula (6), Candela (2), Cala Estravíz, Adela, Lucía Sánchez (3), Carlota (5), Marta (1).

BM.Línea 21 Santa Comba: 33 (14+19). Mirian (7), Aida (6), Laura (2), Carla, Antía (2), Laura, Tania (3), Raquel (8), Leticia (5).

Parciais cada 5´: 1-1 / 3-2 / 3-6 / 5-9 / 8-11 / 11-14 /Descanso/ 14-17 / 16-20 / 17-22 / 19-26 / 20-28 / 23-33 / Final.

Colexiados: Iván Hernández e Pablo Barreiro. Estiveron ben, sen complicacións.

Incidencias: Segundo partido de liga disputado polo BM.Culleredo Rafergal. O encontro disputouse no pavillón de Almeiras ainda que sen público, debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(XM) OAR CIUDAD - BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

TÁBOAS ENTRE O OAR E O BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 NUN PARTIDO DE INFARTO!

Os equipos xuvenís masculino de OAR e BM.Culleredo, foron os máis madrugadores deste sábado e déronse cita no pavillón San Francisco Xabier para ofrecer un encontro repleto de tensión e incertidume ata os últimos minutos.

Nunha primeira parte de alternativas no marcador, o BM.Culleredo Técnicos 115 adiantaríase ao descanso, despois duns últimos minutos nos cales o éxito defensivo daba paso a veloces contragolpes para dar dous goles de vantaxe aos cullerdenses e deixar todo aberto cara á continuación (13-15).

Iniciado o segundo acto e en apenas dez minutos, os oaristas igualarían a contenda (18-18), aproveitando os desaxustes defensivos da retagarda visitante e a escaseza de ideas destes no ataque posicional. Os de Culleredo irían aos poucos entrando nunha espiral decadente, bloqueados pola falta de ritmo na continuidade do balón, o exceso de accións individuais e as malas tomas de decisión. O OAR aproveitaba o bucle no que se mergullaba cada vez máis o seu rival e sacaba unha renda máxima de cinco goles que poñía moi costa arriba o partido para os Técnicos 115 (minuto 55, 26-21). En cinco últimos de tolemia e cunha defensa intensa, profunda e presionante, o conxunto de Culleredo conseguiría unha sucesión de roubos de balón para establecer o 26-26 final. Este resultado déixanos a previsión doutro partido cheo de tensión a fin de semana que vén entre ambos os conxuntos, esta vez como locatario o Técnico 115.

BM.Culleredo Técnicos 115: 26 (15+11). Jorge (p), Oscar (p), Brais, Xoel, Martín (2), Pablo (3), Dani (7), Manuel, Guille Seijo, Nuno (8), Senén (1), Mateo Díaz (2), Adrián Díaz (2), Guille Briones, Mateo Kidus, Chao (1).

Parciais cada 5´: 1-2 / 3-4 / 6-5 / 7-8 / 10-12 / 13-15 /Descanso/ 15-18 / 18-18 / 21-19 / 24-19 / 26-21 / 26-26 / Final.

Colexiados: Christian García e Rubén Iglesias. Non influiron no resultado final.

Incidencias: 3ª xornada da primeira fase no grupo 6 da liga xuvenil masculina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón San Francisco Xabier da Coruña ca metade de afluencia de público por mor dos protocolos COVID.

(XM) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA – BM RIBADOSAR

Terceira xornada dos nosos xuvenís desputada no municipal de tarrio que remata con segunda victoria consecutiva.

Partido espeso do noso plantel, custounos meternos de cheo no encontro e conseguir ter un partido cómodo e con distancia no marcador. Malia iso, non se deu por perdido o partido en ningún momento.

Seguimos traballando, o fin de semana que vén, temos a volta deste encontro en Santiago. Imos a por todas!

(CM) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS – BM RIBADOSAR

O BM CULLEREDO INDUCTEC INGENIEROS MÓSTRASE SUPERIOR AO RIBADOSAR!

Terceira xornada na categoría cadete masculina e segundo partido do  BM.Culleredo Indutec Ingenieros que actuaba de novo como local, recibindo en Almeiras ao BM.Ribadosar.

Dende o primeiro minuto os rojillos fixéronse fortes na súa defensa 6:0, provocando erros do seu rival e interceptando balóns que acto seguido daban paso a continuos contragolpes para establecer, xa aos dez minutos, un contundente parcial de 7-1. O Ribadosar non baixaría os brazos e aproveitaría varios acertos da súa retagarda para reducir as diferencias ata os catro goles. De novo os de Culleredo voltarían a centrarse en tarefas defensivas para distanciarse de novo a través dos contraataques e deixar virtualmente sentenciado o encontró no tempo de descanso (19-6).

No segundo acto, o BM.Culleredo Indutec Ingenieros traballaría no posicional durante moitos minutos nun 2:4, é dicir, con dous pivotes. O encontro xa non tería máis historia e os de Culleredo dominarían o partido en todas as fases para imporse ao BM.Ribadosar e conseguir outros dous puntos no grupo 9 nesta primeira fase da categoría cadete masculina.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 48 (19+29). Javi (p), Iván (P), Iago, Xoel (2), Marcos (2), Lucas (3), Adrián (1), Nico (3), Shaiel (1), Nuno (15), Senén (5), Álvaro (4), Teo (2), Samuel Seijas (9), Juanfran (1), Pablo.

BM.Ribadosar: 17 (6+11). Miguel Cepeda (1), Pablo Romero, Hector Costas, Dawit Álvarez, Carlos Quintela (3), Diego Fdez (6), Jesús Ricoy (3), Marcos, Abraham, Daniel (1), Xenxo (2), Juan (1), Hugo, Alberto, Guillermo.

Parciais cada 5´: 4-0 / 7-1 / 10-4 / 15-5 / 17-6 / 19-6 /Descanso/ 24-9 / 29-11 / 34-13 / 40-13 / 43-16 / 48-17 / Final.

Colexiados: Iván Hernández e Pablo Barreiro. Estiveron ben, sen complicacións.

Incidencias: Segundo partido de liga disputado polo BM.Culleredo Indutec Ingenieros. O encontro disputouse no pavillón de Almeiras ainda que sen público, debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR – BRIGANTIUM “A”

Derbi coruñés o vivido  o sábado en Almeiras, visitabanos o Birgantium A.

Na primeira parte dende o comezo o Brigantium colleu parte da iniciativa de cara a levarse o encontro xa que entrou un pouco máis enchufado que as nosas xogadoras.

Pero as nosas non perdían a cara o encontro en aínda que o Brigantium lograba estar sempre enriba no marcador as nosas pelexaban cada acción para poder darlle a volta o marcador.

A primeira parte cerrabase cunha ventaxa de 3 goles a prol das visitantes.

A segunda parte foi moi parecida pero o Culle deu un paso adiante para poder dobregar as visitantes. Na fase defensiva a pesar dos problemas que estaban a plantexar as visitantes o Culle puido ir pouco a pouco solventandoos, e cun pouco de fluidez no ataque lograban empatar o encontro e incluso ter a oportunidade de poder estar por diante no marcador.

O final  un empate e reparto de puntos para os dous equipos que derón un bó espectáculo balonmanístico , sobretodo destacar a loita dos dous equipos e o bó ambiente vivido en Almeiras a pesar de no ter público.

BM Culleredo: Irene (1), Marina(9), Carla.E. (3), Carlota (12), Carla Bello (2), Aitana (4), Maria (1), Sofía, Valentina, Paula.

BM Brigantium: Natalia (9), Sara (7), Lara (3), Martina (2), Yaiza (9), Sandra (1), Uxía, Sara (1), Sara, Mara.

Árbitros: Pablo Torreiro Barros

Incidencias: xornada nº 1 disputada no pavillón de Almeiras, sen público pola normativa COVID -19.

(IM) OAR CIUDAD - BM CULLEREDO SUTENOR

Derbi o vivido en San Francisco Javier  no que o Sutenor sempre levou a iniciativa no marcador grazas unha defensa profunda que facía que o rival perdese continuos balóns e por consecuencia o Culle lograba goles o contrataque ou en transicións rápidas.

Na primeira parte o Culle lograba unha amplia ventaxa no marcador pero o OAR non dábase por vencido , ainda así nos momentos frouxos defensivos do Culle aparacería con grandes paradas o porteiro cullerdense Marco.

A segunda parte practicamente foi a mesma tónica de partido , na fase defensiva o culle recuperaba moitos balóns e logo na ofensiva pese a ter moitos fallo de lanzamento , conseguian accións sencillas para seguir ampliando a ventaxa no marcador.

A próxima xornada volveremos ter o mesmo derbi pero esta vez en Culleredo.

O.A.R.:(5+10): Leo, Victor (2), Rodrigo(3), Marco, Nicolás, Carlos, Ángel (3), Leo (2), Roi, Yan, Iker, Matias (1), Sergio (2)

BM Culleredo: (21+20): Marco, Aarón (2), Bruno (5), Iago (2), Jaime (4)  ,Iván (4), Adrián (10), Samuel (9), Anxo (3), Alejo (2).

Parcial cada 5 minutos:2-3/4-7/4-11/5-18/5-21/6-23/9-27/9-33/11-38/15-41

Arbitros: Christian Garcia Fernandez

Incidencias: 3ª xornada de liga disputada no pavillón de San Francisco Javier   con público limitado por el protocolo COVID -19.

(IM) ABEGONDO F40 - BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VESE SUPERADO POR UN MOI BO ABEGONDO!

Desprazábanse os rapaces do ConstruPereiro a Abegondo para xogala terceira xornada ligueira da tempada, coa ilusión de sumar de novo 2 puntos. Tralos bos partidos feitos contra o Xiria viñan os rapaces cheos de confianza e pese a algúns despistes, nos primeiros minutos estábamos competindo o partido. Sen embargo a partir do minuto 10 de partido comezamos a cometer moitos erros e a dubidar en cada acción que realizábamos, regalándolle moitos balóns e goles ao equipo local. Os nervios contaxiáronse moi rápido a todos os rapaces do equipo, que se vían superados ampliamente encaixando xa ao descanso 22 goles.

Na segunda metade veuse unha pequena melloría que seguía sen ser suficiente, atopando o Abegondo o camiño ao gol con moita facilidade. Ademáis da defensa a portería tampouco estaba funcionando, xunto cun ataque moi precipitado.

Primeiro bache deste ConstruPereiro que viña de mostrarse moi sólido e que tivo un mal día este sábado en Abegondo, agora toca traballar e correxir erros para enfrontarse de novo esta fin de semana en Almeiras!

Abegondo F40: 38 (22+16) Hugo, Tomás (10), Adrián (5), Daniel (3), Iago (3), Diego (1), Brais (3), Atalo (6), Leo (6), Gabriel (1).

Bm Culleredo ConstruPereiro: 26 (14+12) Rubén (p), Adrián (p), Mateo I (1)., Iago (2), Antón (9), Hugo, Nicolás D., Mateo P. (2), Teo (2), Nicolás A (3)., Noé, Josemi (7).

Parcial cada 5 min:

Árbitro: Pablo Manuel Barreiro Suárez.

Incidencias: 3ª xornada de liga disputada no pavillón de San Marcos con público limitado polo protocolo COVID -19.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR – CP LUCENSE

GRAN PARTIDO DO REMAX RIAZOR QUE CONSIGUE SUMALO SEU PRIMEIRO PUNTO!

Moi bo partido dos infantís do Remax Riazor que viñan traballando moi ben e por fin poden sumar no seu casilleiro. Facían este domingo en Tarrío un partido moi completo os nosos rapaces, amosando que están progresando moito e que teñen moito balonmán.

Na primeira parte o gran número de erros de lanzamento no momento que mellor estábamos a xogar impedíanos despegarnos no marcador, malia que as sensación eran de superioridade dos cullerdenses.

Xa na segunda dubidaríamos algo máis e nun principio custábanos máis xerar ocasión de gol, pero as boas defensas dábannos a oportunidade de saír ao contraataque e mantelo partido igualado. Pouco a pouco volveríamos a tomalo control do encontro e desbordala defensa lucense, pero de novo os erros de lanzamento impedíannos despegarnos, indo todo o encontro empatados ou un gol por encima dos visitantes. Destacalo gran traballo defensivo nestos últimos minutos que xunto con actuacións de moito mérito de Hugo Díaz nos mantiñan sólidos na faceta defensiva.

Chegábamos ao final do encontro co 18-18 e teríamos lanzamento de falta directa para intentar ganar, intentábao Bieito que superaba ben a barreira con un bo lanzamento que conseguía detelo porteiro visitante.

Bm Culleredo Remax Riazor: 18 (10+8) Hugo (p), Bieito, Roi, Xoán (3), Jorge (2), Felix, Víctor, Adrián (4), Iago (4), Mario, Mateo, Álvaro (2), Bruno, Diego (3).

CP Lucense: 18 (8+10) Lucas (2), Martín, Adrián (2), Daniel, Enol, Hugo, Samuel (7), Iván, Gabriel (4), Amir (3).

Árbitro: Iria Rivera Regades e Christian García Fernández.

Incidencias: 3ª xornada de liga disputada no pavillón de Tarrío sen público polo protocolo COVID -19.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *