Saltar ao contido

Nova xornada cargada de balonmán!

Outra xornada máis volve o balón aos 40x20 para desputar un gran número de encontros! Poderemos disfrutar esta fin de semana de encontros de alta intensidade na casa e fóra dela, con partidos moi desputados nos que @s nos@s deberán dalo todo para gañalos seus respectivos partidos!

#ForzaCulle

(SM) BALONMÁN CULLEREDO – BM CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA

Xogarase a 5ª xornada ligueira para os nosos, que buscarán conseguila terceira victoria da tempada nun derbi provincial que de seguro non defraudará! Este sábado ás 18:00 en Almeiras.

(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL – BM LÍNEA 21 SANTA COMBA


As mozas do BM Culleredo Rafergal recibirán o vindeiro domingo o BM Línea 21 Santa Comba nun contexto similar ao dos seus compañeiros de club masculinos. A necesidade de liberar o seu casilleiro de puntos tras as dúas derrotas contra as carballesas de Xiria, fan deste un partido especial no que as vermellas deben continuar a súa progresión e ofrecer un bo rendemento para gañar os dous puntos. Haberá que ter especial coidado cos erros no pase e xogar con maior intención cara á portería contraria no ataque. O encontro comezará ás 13:00 horas no polideportivo de Almeiras.

(XM) OAR CIUDAD - BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

Este próximo sábado, o xuvenil do BM. Culleredo Técnicos 115, ten unha nova salida para enfrontarse ao OAR no pavillón S. Francisco Xavier de Coruña. Este é un partido moi importante para os rapaces de Culleredo, que terán que sumar os dous puntos en xogo e liberar así o seu casilleiro para non quedar descolgados no seu grupo. Non será tarefa fácil para un equipo, o oarista, que o está pasando ben. A clave será demostrar o crecemento que experimentou o equipo cada semana e mellorar o rendemento defensivo para poder despregar o xogo de contraataque e darlle un ritmo elevado ao xogo. No posicional, a continuidade do balón e minimizar as perdas do balón, son outros obxectivos claros dos asasinos. O partido comezará ás 10:00 horas no polideportivo da Coruña.

(XM) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA – BM RIBADOSAR

Este domingo ás 10 da mañá, o noso equipo xuvenil Bermúdez Ulloa encara o segundo encontro da liga fronte o balonmán Ribadosar de Santiago.

Tralas boas sensacións obtidas do encontro anterior, os nosos queren seguir coa boa racha e loitar con moitas ganas pola victoria.

(CM) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS – BM RIBADOSAR

O equipo cadete masculino do club levantarase o domingo cedo para recibir ao Ribadosar de Santiago e farao coa ambición de lograr a segunda vitoria despois da gran vitoria da pasada fin de semana no mesmo escenario. O polideportivo Almeiras será, xa que logo, ás 10:00 da mañá, testemuña deste enfrontamento no que Indutec Ingenieros quere seguir crecendo no seu conxunto en todas as fases do xogo e establecer un modelo de xogo onde a velocidade sexa protagonista.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR – BRIGANTIUM “A”

Primeira xornada para as nosas cadetes que xogarán un gran derbi contra o equipo coruñés do Brigantium. Moitas ganas de xogar xa e moita ilusión por comezar esta nova tempada.

(IM) OAR CIUDAD - BM CULLEREDO SUTENOR

Nova xornada para o Sutenor que nesta ocasión xogará un derbi contra o equipo coruñes. Os derbis son sempre emocionantes e seguro que os dous equipos sairán con moitas ganas de lograr a victoria.

(IM) ABEGONDO F40 - BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

Tócalle aos rapaces do ConstruPereiro desprazarse a Abegondo a desputar un partido moi complicado ante un rival sempre duro como o Abegondo. Os nosos nenos demostraron nos encontros anteriores a súa solidez defensiva e queren volver a facer dela a base para traelos 2 puntos a Culleredo. O encontro terá lugar o sábado ás 11:45 no pavillón de San Marcos de Abegondo.

(IM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR – CP LUCENSE

Novo encontro para os nosos rapaces do Remax Riazor que veñen mellorando e con ganas de amosar os progresos acadados nos entrenamentos. Esperamos que sexa un partido difícil pero competido, no que poidamos pelexar polos puntos co equipo lucense. O encontro desputarase o domingo ás 13:00 en Tarrío!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *