Saltar ao contido

Resumo da fin de semana!

Segunda xornada de competición para a nosa base, na cal puidemos disfrutar de partidos de alta intensidade e incluso que os partidos disputados en Almeiras fosen retransmitidos en directo pola FGBM!

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA 30-4 BM BRIGANTIUM

De novo o derbi a prol das nosas. A pesar de que na xornada anterior xa sumáramos unha vitoria contra este equipo, iso non significaba que o xogo se deseñara de xeito relaxado, de feito o ritmo do xogo era lento e non tan fluido como o primeiro partido.

A primeira parte caracterizada polas accións individuais das xogadoras do Culleredo despois de circulacións de balóns sinxenlas e algúna que outra contra provinte de roubos de balóns. O Brigantium algo mellorado con accións de dobre pivote pero pouco acertado a hora de orientarse cara portería e atopándose cunha defensa 3:3 ben executada do Culleredo.

O distanciamento no marcador propiciou poñer en práctica o visto durante o adestramento desta semana das nosas.

Xa na segunda parte, un traballo defensivo con boas axudas e un pouco máis de ritmo a nivel ofensivo facían co Brigantium dubidase a hora de facer bos pases e apareceron moitas perdas de balón, aproveitadas polas nosas con rápidas contras que deron outro ritmo ao xogo. O partido deu pe a que todas as xogadoras disfrutasen máis ou menos os mesmos minutos na pista e que non baixase o nivel de xogo.

Dúas vitorias consecutivas sitúan as nosas na primeira posición da táboa e terán 15 días para preparar o próximo encontro.

BM Culleredo 30 (17 + 13): Sofía (9), Carla Muiño (3), Tirsa (1), Carla Corral (4), María (5), Paula (1), Lucía Martínez, Valentina (2), Aroa (3) e os alevíns, Lucía López (2), Alicia (P), Antía, Irene.

BM Brigantium 4 (3 + 1): Sara Caamaño (1), Sara Castro (1), Uxía Seoane (1), Antía (1), Uxía Ameijenda, Carol, Silvia, Marta

Parcial cada 5 ': 3-1 / 5-2 / 9-2 / 14-3 / 17-3 Descanso 17-3 / 20-3 / 22-3 / 25-3 / 30-4 Final

Árbitros: Pablo Cividanes Paz e Héctor Piñeiro Doce

Incidencias: 2ª xornada do grupo 5 de categoría infantil femenino celebrada no Pavillón Almeiras de Culleredo sen público polo protocolo COVID 19 e por streaming da Federación Galega de Balonmán

(IM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO 33-18 METALÚRGICA BB XIRIA

Os nosos rapaces do ConstruPereiro volvían a enfrontarse ao Xiria nesta 2ª xornada ligueira tras o bo triunfo acadado a pasada fin de semana. De novo volvían esta fin de semana a saltar á pista coas ideas moi claras do que debían facer tanto na faceta ofensiva como na defensiva.

Iniciaban o encontro moi imprecisos ambos equipos, pero a partir dos primeiros ataques, cos cullerdenses xa centrados, comezouse a ver a efectividade do gran traballo defensivo do ConstruPereiro, que conseguía frenar con facilidade os ataques carballeses. Con esta tónica defensiva que permitía roubar un gran número de balóns e rápidos ataques dos locais, seríamos quen de dominalo encontro en toda a primeira parte de forma clara, levando ao descanso un resultado de 19-7.

Xa na segunda parte ao Xiria custáballe mantelo ritmo do partido e o Bm Culleredo atoparíase en varias ocasións coa madeira en claras accións de gol. Coa mesma dinámica que na primeira parte o Culleredo imporíase claramente en defensa anulando o xogo de ataque do Xiria que sin embargo si que iba conseguindo goles aproveitando os poucos despistes defensivos locais e con boas actuacións individuais.

Vimos a un Culleredo superior, no que non poderíamos destacar a un xogador en concreto, xa que a pesar dos erros ou acertos individuais, o que marcou a diferenza entre uns e outros foi o traballo grupal tanto en defensa como en ataque, aspecto no que o Culleredo amosou ser un equipo cuxas pezas encaixan á perfección.

Esperemos que sigan traballando así e poidan seguir progresando como ata agora.

BM. Culleredo ConstruPereiro: 33 (19+14): Rubén (p), Adrián López (p), Mateo Iglesias (5), Teo, Fabián (6), Hugo (3), Noé (1), Nico Arias (2), Nico Díaz (3), Josemi (5), Iago (1), Antón (3), Mateo Pérez (4).

Metalúrgica BB Xiria: 18 (7+11): Xano (p), Álvaro (1), Diego (3), Marcos (10), Hugo, Xabier (1), Andrés Pedreira (1), Andrés Pombo (1), Nicolás (1).

Colexiados: Pablo Torreiro e Rubén Iglesias. Boa actuación arbitral, mostrándose cercanos aos xogadores acertados nas accións máis complicadas.

Incidencias: Segunda xornada da primeira fase no grupo 6 da liga infantil masculina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón de Almeiras sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(IM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO 34-15 BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Desprazábanse os nosos rapaces do Remax Riazor a Oleiros para enfrontarse de novo ao Bm Atlántico, un equipo que a tempada pasada xogaba na división de honra.

Prevíase un partido complicado, no que o Atlántico se vía claramente superior ao Remax,  pero os cullerdenses ían con ganas de loitar por facer un bo papel no encontro.

A primeira parte comezaba con un Culleredo moi activo en defensa que colectivamente estaba a facer un bo traballo, pero certos erros individuais xunto coa velociadade dos locais penalizábannos moito, encaixando un gran número de goles. Pouco a pouco iríamos axustando diferentes aspectos en defensa, pero en ataque non éramos quen de atopar forma de chegar ao gol, índonos ao descanso con soamente 5 goles a favor.

Xa na segunda metade, daríamos maior movilidade ao balón obligando á defensa dos locais a desprazarse máis e xerando erros que aproveitaban os nosos para marcar gol. Unha mágoa non ter aproveitado todas as oportunidades xeradas, que foron moitas no primeiro tramo da 2ª parte. En defensa tamén se melloraban moitos aspectos, pero os folgos e os ánimos xa non eran os mesmos e volvían a aparecer despistes que o Atlántico non perdoaba.

Destacala grandísima actuación do porteiro de primeiro ano Hugo Díaz, que con varias intervencións de mérito en ocasións cantadas de gol conseguía detelo balón e evitar que os locais sacasen unha diferenza maior.

Seguimos traballando e aprendendo!

BM.Culleredo Remax Riazor: 15 (5+10): Hugo(p), Bruno, Jorge, Iago, Mateo, Adrián (4), Xoán (2), Álvaro (8), Diego, Mario (1), Felix, Victor, Bieito, Roi.

Club Balonmano Atlántico: 34 (16+18): Enmanuel (p), Roi (3), Gonzalo (3), Daniel, Alejandro, Pablo Vázquez, Diego Lema (8), Pablo Castiñeira, Diego Abades (7), Adrián (5), Nico.

Colexiados: Pablo Torreiro. Correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Segunda xornada da primeira fase no grupo 7 da liga infantil masculina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón do CEIP Valle Inclán.

(IM) BM RIBADOSAR 9-41 BM CULLEREDO SUTENOR

Segunda xornada para o Sutenor, que visitaba a pista do Ribadosar en Santiago. Un partido no que nos primeiros intres o equipo cullerdense impoñia o seu ritmo de xogo e propIciaba una gran vantaxe no marcador. Na faceta defensiva o Culleredo coa sua defensa 3:3 lograba imprecisións no equipo local e na súa consecuencia  roubaba balóns para realizar contrataques rápidos. No ataque estático destacou a circulación de balòn rápida e precisa.

Destacar tamén a participación de todos os xogadores e que todos os xogadores foro quen de conseguir goles.

Agora a traballar esta semana xa que o próximo fin de semana toca derbi contra o equipo coruñes O.A.R.

Bm Ribadosar 9 (4+5): Pablo (1), Alberto, Jacobo, Antón, Brais, Pedro (4), Xulián, Alejandro (4).

Bm Culleredo Sutenor 41 (23-18): Marco, Rubén, Aarón (5), Bruno (4), Iago (7), Josemi (3), Jaime (2), Iván (5), Adrián (4), Samuel, Antón (4), Anxo (4), Alejo (3).

Parciales cada 5 minutos: 0-4, 0-10, 1-12, 2-18, 4-23, 4-25, 6-29, 7-34, 7-39 ,9-41.

Arbitros: Julio Lopez Pedre.

Incidendias: 2ª xornada de liga de infantil masculino grupo 5 celebrado no pavillón municipal O Restollal sen publico debído a normativa COVID-19.

(CM) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS 52-17 S. D. EUME

O pasado domingo día 15, os cadetes do BM.Culleredo Indutec Ingenieros recibían en Almeiras á S.D. Eume. Era o primeiro partido para o cullerdenses e por tanto, coa estrea ademais como locais, palpábase un ambiente de ilusión especial polo que supuña a volta á competición.

Desde o primeiro minuto, os rojillos fixéronse fortes na súa defensa 6:0, provocando erros do seu rival e interceptando balóns que acto seguido daban paso a continuos contragolpes para establecer, xa aos cinco minutos, un contundente parcial de 7-1. Esta foi a tónica da primeira parte, onde as rotacións favoreceron a posibilidade de que a velocidade fose unha arma letal desde o primeiro ata o último minuto, para establecer un marcador ao descanso que daba por finiquitado o partido salvo sorpresa maiúscula (27-9).

No segundo acto, o BM.Culleredo Indutec Ingenieros traballaría desde un sistema defensivo 5:1 e no posicional, faríao durante moitos minutos nun 2:4, é dicir, con dous pivotes. O encontro xa non tería máis historia e os de Culleredo dominarían o partido en todas as fases para imporse á S.D.Eume e conseguir os dous primeiros puntos do grupo 9 nesta primeira fase da categoría cadete masculina.

Apuntar o bo debut dos infantís Iván Sánchez e Samuel Seijas.

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 52 (27+25). Javi (p), Iago (4), Xoel (2), Marcos (6), Lucas (1), Adrián, Nico (2), Shaiel (5), Nuno (6), Senén (2), Álvaro (6), Iván Sánchez (2), Teo (4), Samuel Seijas (4), Diego (7), Juanfran (1).

S.D.Eume: 17 (9+8). Samuel, Bryan, Mateo, Mario (10), Pablo, Jorge, Nuno (5), Xoel, Ángel (2).

Parciais cada 5´: 7-1 / 10-3 / 15-3 / 19-6 / 22-8 / 27-9 /Descanso/ 34-10 / 35-10 / 38-10 / 42-11 / 48-15 / 52-17 / Final.

Colexiados: Rubén Iglesias e Pablo Torreiro. Etiveron ben, sen complicacións.

Incidencias: Primeiro partido de liga disputado polo BM.Culleredo Indutec Ingenieros. O encontro disputouse no pavillón de Almeiras ainda que sen público, debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(XF) HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 21-17 BM CULLEREDO RAFERGAL

Partido moi igualado do Bm Culleredo Rafergal!

As nenas do BM. CULLEREDO RAFERGAL desprazábanse este sábado a Carballo para enfrontarse aos Hierros Varela Urbieta Xiria.

O encontro tornouse igualado, tal e como fora durante moitos minutos o da fin de semana pasada entre ambos os equipos. As imprecisións marcaron gran parte do encontro, no cal, un e outro conxunto aproveitaban os erros do rival para achegarse ou avanzarse no marcador. Con moi poucos goles ao descanso (9-9), as táboas daban boa mostra do que estaba a ser un envite parello e deixaba todo por decidir no segundo acto.

Na continuación, poucas cousas cambiaron nos primeiros minutos e as alternativas de dominio eran constantes. Foi nos instantes finais cando as locais conseguían aproveitar tres erros consecutivos do seu rival para distanciarse doutros tantos goles. Esa diferenza sería definitiva ao cabo e o BM. CULLEREDO RAFERGAL, sempre competitivo, acabaría por ceder por un resultado final de 21-17.

Hierros Varela Urbieta Xiria: 21 (9+12). Elena (p), Valeria (5), Lucía (4), Nerea (4), Natalia (1), Lara Souto, Duna (2), María, Lara Hernández, Nerea Pose (2), Nina (3).

BM.Culleredo Rafergal: 17 (9+8). Diana (p), Marina, Aitana, Adriana (2), Irene, Anheliz, Lucía Ponte (2), Paula (6), Candela (2), Carla Estravíz, Adela (2), Lucía Sánchez (2), Carlota (1), Marta.

Colexiados: Cesar Carballo e Cesar Díaz. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Segunda xornada da primeira fase no grupo 4 da liga xuvenil feminina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón Vila De Noia de Carballo sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(XM) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA 28-20 S. D. EUMESA

Gran partido do noso equipo juvenil que dominou o marcador durante todo o encontro.

Unha defensa estructurada con boas axudas e un defensor avanzado que complicaba moito as envestidas do rival provocaba rápidas saidas en contraataque en 1a oleada.

Os nosos ataques rápidos en segunda oleada propiciaban goles rápidos e así pouco a pouco íamos dominando o encontro de menos a máis.

Cabe destacar a entrega, as gañas e o desfrute de todo o noso conxunto, que tras oito largos meses de espera por mor da pandemia, estréanse con Victoria e moi boas sensacións.

Seguimos traballando!!!

Forza culle!!!

(XM) LABER XIRIA 33-26 BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

Mellor versión do Culleredo Técnicos 115 a pesar da derrota!

Segundo partido entre ambos os conxuntos no últimos seis días, esta vez disputado no pavillón Vila De Noia de Carballo.

Os cullerdenses comezaron tratando de ti a ti ao conxunto local e de aí a igualdade e as táboas no marcador ao paso polo meridiano do primeiro tempo (8-8). Un parcial de 7-3 no seguintes dez minutos, provocado en parte polas perdas de balón dos visitantes, facía posible que o equipo de Xiria adquirise unha cómoda diferenza (15-11). Sumidos nos momentos de maior incerteza, os xogadores de Culleredo sufrían a velocidade e as acometidas dos bergantiñáns. As dúbidas acrecentábanse e a falta de ideas no posicional sumaban erros que facilitaban unha cómoda vantaxe dos carballeses ao descanso (18-12).

Nun segundo tempo de maior regularidade e non tantos altibaixos, o BM.CULLEREDO TÉCNICOS 115 conseguía completar uns trinta minutos aceptables, nos que o parcial final (15-14) constataba a melloría dun conxunto que busca o asentamento no seu xogo co paso das semanas.

Laber Xiria: 33 (18+15). Darío (p), Mateo (p),Aaron (5), Esteban (2), Mario (8), Pablo (1), Fernando, Julián (4), Miguel, Andrés, Juanma, Diego (7), Martín (3), Alex (1), Carlos (2).

BM.Culleredo Técnicos 115: 26 (12+14). Jorge (p), Oscar (p), Brais (1), Xoel (3), Martín (2), Pablo (1), Dani (3), Manuel (1), Guille Seijo (3), Nuno (4), Senén (2), Mateo Díaz (2), Adrián Díaz (1), Guille Briones, Mateo Kidus, Chao (3).

Parciais cada 5´: 3-2 / 7-4 / 8-8 / 13-8 / 15-11 / 18-12 /Descanso/ 21-16 / 24-18 / 27-20 / 29-23 / 30-25 / 33-26 / Final.

Colexiados: Cesar Carballo e Cesar Díaz. Non influiron no resultado final.

Incidencias: Segunda xornada da primeira fase no grupo 6 da liga xuvenil masculina de balonmano. O encontro disputouse no pavillón Vila De Noia de Carballo sen público debido as restriccións pola pandemia COVID-19.

(SM) BALONMÁN CULLEREDO 29-22 DISPESAN CAFÉ PONTEDEUME


Comezamos o encontro con moitas precipitacións en ataque e con pouca dureza en defensa. Despois do tempo morto solicitado polo adestrador local, o equipo reaccionou, foi compacto en defensa e soubo roubar balóns para ir ao contragolpe. Cando non fomos quen de defender ben e Pontedeume atopou disparos claros desde os 6 metros, o porteiro local "Choupi" apareceu para facer grandes atallos e poder chegar ao descanso cunha clara vantaxe no marcador. Na 2a parte puidemos xogar 10 minutos intensos e a partir de aí a intensidade foi baixa tanto en ataque como en defensa e o Pontedeume aproveitouno para achegarse no marcador a 4 goles. Despois doutro tempo morto local, os xogadores cullerdenses volvéronse vestir de traxe para sacar unha clara vantaxe de 7 goles e rematar o encontro sen poñer en perigo os 2 puntos.

Balonmán Culleredo (18+11): Choupi, Javi (3), Pablo (2), Casal (5), Franco (4), Jorge, Chos (3), Álvaro (4), Ferreiro (1), Mateo, Diego, Mario (5), Dario, Aresi (2).

Dispesan Café Pontedeume (9+13): David (2), Bruno (1), Alejandro sanchez (3), Alejandro Piñeiro, Pablo (3), Óscar, Alberto (7), Manuel (3), Anton (3), Cesar, Marcos, Xoan, Castor, Alvaro.

Parciales cada 5 ': 2-2/4-5/7-6/10-7/14-7/18-9/21-12/23-14/24-17/24-20/27-21/29-22

Colegiados: Gabriel Folgoso y Ruben Iglesias. Solventaron o encontro sen apenas dificultades, partido cómodo para os colexiados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *