Saltar ao contido

Nova xornada de balonmán!

Sumamos unha xornada máis nesta nova normalidade, sempre cumprindo coas medidas necesarias para que o deporte federado siga sendo un entorno seguro.

Esta nova fin de semana de competición para os nosos equipos neste novo formato de liga (no cal nos enfrontamos en 2 fins de semanas consecutivos ao mesmo equipo) ven cargada de ilusión e ansias de mellorar o xa ben feito por tod@s na anterior xornada!

(SM) BALONMÁN CULLEREDO - DISPESAN CAFÉ PONTEDEUME

Chega a 4° xornada ligueira donde o equipo senior se enfronta á S. D. EUMESA, no pavillón de Almeiras ás 19:30. O equipo buscará lograla 1° victoria na casa e intentar xogar un partido sen tantos altibaixos como os 2 anteriores, para esto o traballo en defensa vai a ser crucial ante un equipo moi peleón e que non baixará os brazos como demostrou a semana pasada.

(XF) HIERROS VARELA URBIETA XIRIA – BM CULLEREDO RAFERGAL

As mozas do BM CULLEREDO RAFERGAL, viaxan a Carballo para enfrontarse ao Hierros Varela Urbieta Xiria no segundo partido entre estes dous equipos. Si no encontro da semana pasada as bergantiñás mostráronse superiores, as de Culleredo desexan minimizar os erros de pase que lles levaron a entregar situacións francas ao seu rival de forma sinxela. Unha mellora no xogo colectivo e dar continuidade ás accións de ataque, antóllase vital para mellorar as prestacións do partido do pasado sábado. O envite disputarase no pavillón Vila De Noia ás 12:00h do próximo sábado.

(XM) LABER XIRIA - BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

Despois do vibrante encontro que os dous equipos ofreceron o pasado domingo no pavillón de Almeiras, carballeses e cullerdenses vólvense a enfrontar, pero esta vez no pavillón Vila de Noia de Carballo. O partido dará comezo ás 10:00h do próximo sábado e o BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 viaxa coa ilusión de dar continuidade aos bos vinte minutos que sinou no segundo acto do partido anterior. Completar sesenta minutos de maior regularidade, mellorar a continuidade do balón no posicional e coidar moito máis o repregamento, son algúns dos obxectivos a cumprir por parte dos rojillos.

(XM) BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA - S. D. EUMESA

Os nosos xuvenís "Bermúdez Ulloa" enfróntanse este sábado ás 16:30 ao Balonmán Pontedeume no pavillón de Almeiras.

Tras 4 meses de entrenamentos sen competición, por fin o noso segundo equipo de xuvenís pode volver ao 40x20 e volver a coller sensacións, momento moi desexado por todos no cal intentaremos dar o cen por cen e sobre todo desfrutalo.

(CM) BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS - S. D. EUME

Esta fin de semana, os cadetes de Culleredo estrearanse na competición ligueira 2020-21 como locais e ante a S.D.Eume. Despois de ver como ambos os equipos víronse na obriga de aprazar o encontro que lles ía a enfrontar a semana pasada, todo está preparado para que este domingo ás 13:00h no pavillón de Almeiras os dous conxuntos salten á pista. O BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS desexa iniciar con bo pé o campionato e sobre todo despregar un bo xogo que lles faga merecedores de sumar os dous primeiros puntos.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA – BRIGANTIUM

Voltamos outra fin de semana e de novo o derbi na categoría infantil feminina, pero esta vez na casa do Culleredo. As circunstancias sociosanitarias e a estrutura da liga deste ano, lévanos a xogar dúas fins de semana consecutivas co mesmo equipo (un fin de semana na casa e outro fóra). Agardemos que o xogo non traia moitas sorpresas e teña o mesmo ton que o pasado fin de semana, repetindo vitoria para as nosas. O partido xogarase no pavillón de Almeiras o sábado ás 12:00 contra o BM Brigantium

(IM) BM RIBADOSAR - BM CULLEREDO SUTENOR

Segunda xornada de competición e os nosos infantís do Sutenor viaxan a Santiago para enfrontarse ao Ribadosar.

Moita ilusión e ganas de xogar por parte destos nenos, que estiveron traballando moi duro durante a semana!

(IM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO - METALÚRGICA BB XIRIA

Reciben os nosos rapaces do ConstruPereiro a visita do Metalúrgica BB Xiria para xogala volta da xornada pasada, esperando poder repetilo resultado do anterior encontro. Tras dedicar esta semana a seguir mellorando e correxilos erros observados, os nosos rapaces están con ganas de volver a enfrontarse ao Xiria para poder amosar de novo que están a traballar ben e evolucionando como xogadores de balonmán.

(IM) CLUB BALONMÁN ATLÁNTICO - BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O Remax visitará este sábado ás 10:00 ao Bm Atlántico tras amosala semana pasada o seu espíritu de loita, buscando seguir mellorando e demostrando que poden competir con calquera equipo. Van os nosos a Oleiros decididos a porlle as cousas difíciles ao Atlántico e con toda a ilusión deste mundo por poder afrontar unha nova xornada de liga!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *