Saltar ao contido

Comeza a 2ª fase de competición para os nosos equipos femininos

Xa finalizada a primeira fase de competición oficial para os nosos equipos femininos, de categoría infantil e cadete, comeza esta fin de semana a 2ª fase de competición. Ambos equipos participarán en diferentes competicións, determinadas polo posto acadado na 1ª fase de Liga.

Por un lado, as infantís, que remataron no 4º posto do grupo 2 da liga, o que as leva a desputala “COPA XUNTA” contra os 3º e 4º clasificados dos outros dous grupos de liga. Xogarán polo tanto as nosas nenas unha nova competición a dobre volta, na que se terán que enfrontar a: Brigantium, Bueu, Sar “C” e Salceda. Ademáis participará tamén o Seis do Nadal, ao que as nosas non se terán que volver enfrontar, mantendo os puntos obtidos contra elas na 1ª fase.

Polo outro lado, as cadetes, que remataron nun meritorio 3º posto, por detrás de 2 grandes equipos como son o Carballal e o Cañiza. O posto obtido polas nosas cadetes, lévaas a desputala “SUPERCOPA”, na que se terán que enfrontar aos 4 primeiros clasificados do outro grupo ligueiro, que son: Lavadores, Teucro, Porriño “B” e Brigantium. Competirán baixo a misma fórmula que as infantís, sendo unha competición a dobre volta. Ademáis dos equipos citados, forman parte da supercopa os 2 clubes anteriormente citados como primeiros e segundos de grupo; e o Bm Rasoeiro, equipos aos que ao igual que as infantís non se enfrontarán, mantendo os puntos obtidos contra eles na 1ª fase.

Ambas competicións comezan esta fin de semana cos seguintes partidos:

  • IF: Bm Culleredo Fisioterapia Benestar – Sar Ledisson “C” (Domingo ás 10:30 en Almeiras)
  • CF: Bm Culleredo Rafergal – SD Teucro Pescamar (Sábado ás 11:30 en Pontevedra)

MOITA SORTE NESTA NOVA FASE RAPAZAS!

#ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *