Saltar ao contido

Resumo da fin de semana

PREBENXAMÍN:

Xornada desputada en Carballo, na que @s nos@s nen@s o pasaban en grande competindo con compañeir@s de equipos de toda a provincia!


BENXAMÍN:

Concentrábanse o sábado en Tarrio os nosos equipos benxamíns, disfrutando unha fin de semana máis do deporte que máis lles gusta e amosando todos unha gran melloría no xogo!


ALEVÍN BM5:

Bm Culleredo Cristalería Gestal 12-4 Bm Culleredo Café CapriceEncontro moi desputado entre os nosos 2 equipos de bm5, no que cabe destacar a gran intensidade dos dous equipos.


ALEVÍN BM7:

Bm Culleredo Remax Riazor 12-4 Bm Xallas FCDe novo se enfrontaba o Remax ao Xallas, acadando unha victoria baseada nunha gran defensa, con moitos roubos de balón dos nosos avanzados que nos permitían chegar con rapidez á portería rival.
Bm Culleredo Canedo 4-12 Abegondo Todo DeporteNovamente partido contra o Abegondo Todo Deporte, no cal as rapazas amosaban un mellor xogo que a semana anterior, desputando ata o final cada cuarto!


INF. MASC 2 DIV:

Bm Camariñas J.J. Chicolino 23-28 Bm Culleredo ConstrupereiroPartido contra un rival sempre complicado, pero que conseguimos controlar de principio a fin, destacando a gran aportación de todos os nenos ao equipo!


INF. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Sutenor 30-29 Bm RodeiroNovo partido dos nosos onde todolos xogadores formaron parte desta victoria.


CAD. MASC. 2 DIV.:

Bm Culleredo Serye Ingenieros 30-35 Bueu Atlético BalonmánPartido moi complicado para os nosos cadetes que non se viñeron abaixo en ningún momento do encontro.


CAD. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Indutec 30-34 Bm TuiGran partido o vivido en Almeiras onde o dous equipos de de o primero momento demostraron querer levarse o partido.Partido de ida e volta, onde o Tui aproveitou as súas oportunidades.


XUV. MASC. D.H.:

Bm Culleredo Técnicos 115 21-23 Acanor Atlético NovásPartido moi desputado, o cal se decidiu nos últimos minutos por mor dos nosos erros que aproveitaba o Novás.


SENIOR MASCULINO:

Balonmán Culleredo 26-26 Seis do Nadal-CoiaPartido igualado de inicio a fin. Non estivemos ben na parcela defensiva e deixábamos moitos espazos para que o conxunto vigués finalizara con demasiada facilidade.

#ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *