Saltar ao contido

Nova participación de Mateo Díaz nas Xornadas de Tecnificación Nacional

De novo, Mateo Díaz volta a Culleredo tras unha nova concentración nas Xornadas de Tecnificación Nacional da xeración 2004-2005. O noso xogador puido desfrutar de novo o premio de ser un dos elexidos para participar nestas xornadas de tecnificación, froito do seu traballo e esforzo ao longo da temporada! A súa constancia e disposición, xunto coas súas capacidades que non deixan de crecer, estano a facer un habitual nestas xornadas no CAR de Serra Nevada.

Noraboa Mateo!

#ForzaCulle

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *