Saltar al contenido

Os pasados 26, 27, 28 e 29 de Vigo disputouse en Vigo o Torneo Globalmar-Cidade de Vigo en categoría alevín, sen dúbida o mais numeroso e tamen o millor torneo de Balonmán Alevín de Galicia. Logo da victoria na edición do 2018 do equipo BM Culleredo Tarrio acudía o clube con dous equipos en representación do mesmo; o BM Culleredo REMAX Riazor (Masculino) e o BM Culleredo Canedo (Femenino). Un total de 21 rapaz@s e 4 monitores representaron ao clube no torneo, con un comportamento impecable, e fixeron amizade co resto dos equipos participantes, sobre todo os compañeiros de residencia de Abegondo, Xixón en Granollers. No eido deportivo foron 15 os equipos participantes. Divididos en tres grupos houbo unha primeira fase de liguiña todos contra todos en cada grupo, e logo os primeiros, os segundos e os dous millores terceiros clasificábanse para cuartos de final a disputar o domingo 29. O Culleredo Canedo, a pesares de tocarlle un grupo bastante complicado, con equipos coma Cisne (2° clasificado), SAR de Redondela, Xixón e Cangas logrou clasificarse para a disputa dos cuartos de final o domingo, que o enfrentou ao a postre gañador do campionato, o BM Granollers (unha das millores canteiras de Balonmán se España). Finalmente as nosas rapazas acadaron a 8° praza do torneo, amosando un gran balonmán ainda acudindo con somentes 2 cambios e sendo moitas de elas alevins de primeiro ano. O Culleredo REMAX Riazor fixo un campionato de menos a máis. Nos primeiros partidos, na fase de grupos que nos enfrontaron a BM Carballal (organizador e 4° clasificado), Xixón, ATL Guardés e Abegondo os rapaces amosáronse nerviosos e pouco conxuntados, pero xa en cuartos de final amosaron milloria no xogo. A semifinal contra o Cisne de Pontevedra foi apaixoante e moi disputada, mais os pontevedreses amosaron un millor xogo e caímos derrotados. Xa na disputa do 3°-4° posto o cansancio nos dous equipos participantes apareceu, mais foi un partido vibrante o que nos enfrontaba de novo a BM Carballal, acadando a victoria por tan só un gol. Tódolos rapaces deron o millor de si. Rematou o Culleredo REMAX Riazor así en terceira posición cun moi bo balance de 6 victorias e 1 derrota nos 4 días do torneo. Houbo ademáis tempo para visitar a noitiña do sábado a cidade de Vigo (co seu alumeado de Nadal) e máis para participar más distintas actividades organizadas no torneo: festival de maxia, firma de camisolas... En definitiva, unha gran experiencia para todos estes rapac@s e monitores que por uns dias disfrutaron coa elite do Balonmán Galego, e unha nova experiencia vital na actividade socio-educativa do Clube Balonmán Culleredo. Feliz despedida de ano e Bo comezo do 2020, que de seguro achegará moitos éxitos para o clube. Canteira xa a temos.

O vindeiro Sábado 21 de decembro celebraremos no pavillón municipal de Tarrío o noso xa tradicional Torneo Solidario de Nadal REMAX RIAZOR, no que rapac@s dende os 4 ate os 14 anos disfrutarán dunha xornada festiva practicando o deporte que máis lles gusta. Comezará a mañá cos partidos oficiais de liga BM5 benxamín e alevín, ademais de os amigables biberón e prebenxamín no que rapaces que comezaron nesta tempada no clube demostrarán o ben que o fan. Xa ao mediodía teremos partidos da liga alevín BM7 mais unha sorpresa de xuntanza para a categoría infantil. Contra as 17:00h realizarase a FOTO OFICIAL da tempada 2019-2020, a que están convocados os 260 xogadores, adestradores e delegados do clube, coma antesala do partido ligueiro senior masculino de primeira división autonómica. Como remate da xornada disputarase o Torneo Interparroquial no que os xogadores veteráns lembrarán vellos tempos. Agardamos encher de novo o pavillón máis grande do Concello coma fixemos na final da liga 2018-2019, ao que acudiron máis de 700 afeccionados. Pedimos a tódolos asistentes que se acheguen a Tarrío portando productos de hixiene ou alimentos non perecedeiros que serán distribuídos por Cáritas na bisbarra. #ForzaCulle

O pasado martes 10 de Decembro o clube Balonman Culleredo foi elexido xunto ao clube Náutico Ría de O Burgo e ao Centro Social de Castro-Laxe para representar as asociacions Cullerdenses no Consello Sectorial de Política Social, Xuventude, Deporte, Cultura e Desenvolvemento Local.

Nesta lexislatura son dous os Consellos Sectoriais de participación cidadá que decidirán en qué se invirte parte do presuposto municipal. Na reunión para formar o Consello Sectorial que concerne ao clube, no cal podían participar ate 70 asociacions do Concello de Culleredo, votouse que as tres asociacions mencionadas foran a que representasen a todas elas no Consello de participación cidadá, formado ademais por outros tres representantes do outro Consello Sectorial (Facenda, Educación, Medio Rural, Obras e Seguridade Cidadá), dous representantes de asociaciones veciñais do Concello e mais un membro de cada un dos partidos politicos do goberno local.

É unha moi boa nova que pon de manifesto o peso social do clube entre a cidadanía Cullerdense que confía a súa representación no mesmo.
De seguro que entre todos poderemos participar dos presupostos do Concello dun xeito máis activo.
Queremos ademais de agradecer o apoio recibido tender a man a tódalas asociacions e clubes deportivos de Culleredo para que nos transmitan as súas inquedanzas para poder refrendalas en dito Consello Sectorial.
Un saudo,
Clube Deportivo Balonmán Culleredo

É o día 25 o día internacional contra a violencia de xénero e, ainda que no clube Balonmán Culleredo traballamos tódolos días do ano en contra de calqueira tipo de violencia, en especial as sexistas, sumámonos ao manifesto "ennegrocontraasviolencias" ( https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/adhesion). VOS TAMÉN PODEDES SUMARVOS.

O noso traballo diario cumpre para nos perfectamente o lema deste significativo día neste ano 2019 - “ A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo: cambiémolo educando en igualdade”.

Por todo isto, durante todo o ano o noso logotipo tínguese de negro,tentando acadar deste xeito un alto impacto en tódolos nosos socios e afeccionados. Ademáis, tódolos anos celebramos o 17 de Maio o noso torneo exclusivamente femenino, tratando de reforzar a participación femenina no clube (xa de por sí numerosa).

Non debemos esquecer neste día que 1027 Mulleres foron asasinadas ate o día de hoxe dende o ano 2003 (ano no que comezan a recollerse estadísticamente estes dados), 51 no propio 2019, sendo conscientes que a millor loita contra esta lacra e a EDUCACIÓN, na cal tomamos parte activamente en tódolos nosos eidos.

Nesta fin de semana os equipos do clube Balonmán Culleredo xogaran de negro, coma pequena homenaxe en lembranza de tódalas víctimas da violencia de xénero.

#EnNegroContraAsViolencias2019

Nesta fin de semana do 9-10 de novembro disputaránse en CULLEREDO un total de 21 partidos de Balonmán. Tódolos equipos do clube xogan na casa, dende biberons con 4 anos no seu debut coma o equipo sénior masculino, líder invicto da 1° división autonómica.

Non tes desculpa para non ver Balonman nestes días, en Tarrio ou en Almeiras.

#forzaCulle